Polyura athamas é unha especie de bolboreta que habita na Asia tropical. Pertence á subfamilia Charaxinae dos ninfálidos (Nymphalidae). Está presente no Himalaia dende Caxemira até Sikkim, nas montañas centrais da India, nos Ghats orientais, nos Ghats occidentais e sur da India, Sri Lanka, Assam, distrito de Cachar, e a través de Myanmar, Camboxa e nos Montes Tenasserim até Indonesia. En agosto de 2016, un espécime foi atopado e capturado en Palawan, Filipinas.
Descrición C. & R. Felder describiu Charaxes bharata en 1867 o cal foi posteriormente considerado como un sinónimo da especie. Unha publicación de filoxenética molecular (Toussaint et al. 2015) suxeriu que son especies distintas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Hamer, K.C.; Hill, J.K.; Benedick, S.; Mustaffa, N.; Chey, V.K. & Maryati, M. (2006). Diversity and ecology of carrion- and fruit-feeding butterflies in Bornean rain forest. Journal of Tropical Ecology 22: 25–33. (HTML abstract). Robinson, Gaden, S.; Ackery, Phillip R.; Kitching, Ian J.; Beccaloni, George W. & Hernández, Luis M. (2007). HOSTS - a Database of the World's Lepidopteran Hostplants. Consultado en decembro de 2006.
Categoría:Bolboretas de Asia Categoría:Fauna de Paquistán Categoría:Animais descritos en 1773