Paula García Vázquez, coñecida como Paula Cheshire, nada en Pontevedra en 1993, é unha autora de banda deseñada e ilustradora galega.

Traxectoria Estudou Deseño Gráfico na EASD Antonio Faílde de Ourense.

É autora de fanzines como “Me das ansiedad” e participou en “¡Zuzumba!” e “Baila Conmigo”. Moi activa nas redes sociais.

Participou no Salón do Cómic de Zaragoza ou do Japan Weekend de Bilbao, no Viñetas desde o Atlántico da Coruña e no 2024 estará no Madrid Cómic Pop Up e no Salón do Cómic de Getxo (Biscaia).

Obra

Novela gráfica

El duelo (2022). Fandogamia Editorial, C.B. 112 páxs. ISBN 978-84-18419-69-0. Unha visións dos sentimentos tras a perda da nai.

Me das ansiedad (2023). Fandogamia Editorial, C.B. 120 páxs. ISBN 978-84-18419-87-4.

Obras colectivas Miquits. Visita á casa da avoa (2022). Allariz: Antela Ed. Con Xavier Domínguez e Alba de Evan. 56 páxs. ISBN 978-84-125452-0-3. Ilustradora Un tesoro para Martín (2019). De Ana Riveiro Mouzo e Lucía Riveiro Mouzo. Ed. Ana Riveiro. 22 páxs. ISBN 978-84-09-10600-4. Rolando. un fío resistente, de Xavier Domínguez e Alba de Evan (2024). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-1176-316-5. Wombo Combo, de Paula Carballeira (2024). Vigo: Xerais. ISBN 9788411104586. O rescate do Unicornio. Mundo oculto, de Ana Vigo (2025). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-646-7. Queco e Kika, de Eva Mejuto (2025). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-713-6. Premios Premio Antifaz á Autora revelación por El Duelo. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Web da autora

Entrevista El Español, 2022

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Nados en 1993