(314) Rosalia é un asteroide do cinto de asteroides. Descubriuno o 1 de setembro de 1891 o astrónomo francés Auguste Honoré Charlois no seu observatorio de Niza. Non se sabe o porqué do seu nome. Órbita A súa distancia orbital media ó Sol é de 3,153 UA, sendo o seu perihelio a 2,595 UA, cunha excentricidade de 0,1771. A súa inclinación en relación á eclíptica é de 12,56 º, empregando 2045 días en dar unha volta á estrela.
Rotación As observacións fotométricas recollidas no 2006 do asteroide amosan un período de rotación de 20,43 ± 0,02 horas cunha variación de brillo de magnitude 0,21 ± 0,02.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Lista de asteroides
Ligazóns externas Lightcurve plot of 314 Rosalia, Palmer Divide Observatory, B. D. Warner (2006) Asteroid Lightcurve Database (LCDB) , query form (info ) Asteroids and comets rotation curves, CdR – Observatoire de Genève, Raoul Behrend Discovery Circumstances: Numbered Minor Planets (1)-(5000) – Minor Planet Center
Categoría:Asteroides Categoría:Astronomía