Andoni Alonso Puelles, nado en Vitoria o 4 de abril de 1966, é un filósofo, investigador e profesor universitario español.
Traxectoria Alonso licenciouse en Filosofía na Universidade de Navarra en 1989 e realizou o doutamento na Universidade do País Vasco en 1995 coa tese: Wittgenstein y el arte. El Siglo de Wittgenstein. Foi profesor de Historia da filosofía na Universidade de Estremadura na Universidade Complutense de Madrid e agora é catedrático na Universidade Carlos III. Cursou estudos postdoctorales na Penn State University entre 1996 e 1998 onde coñeceu e traballou con Carl Mitcham e Iván Illich. Anos despois (2006) foi profesor visitante na Universidade de Nevada.
Especialista en Ludwig Wittgenstein, o seu traballo de investigación centrouse basicamente na filosofía da tecnoloxía, cunha visión crítica sobre a utilidade e o papel que xogan as TIC. Entre as súas moitas obras atópanse Wittgenstein, 50 años después (2002), El arte de lo indecible. Wittgenstein y las vanguardias (2002) e La tecnociencia y su divulgación (2004), La quinta columna digital: anti-tratado comunal de hiperpolítica (2005, Premio Eusebi Colomer/Fundación Epson) ou ¡Todos Sabios! (Cátedra, 2013), xunto a Antonio Lafuente e Joaquín Rodríguez.
Andoni Alonso é membro da Society for Philosophy and Technology e da Sociedade de Estudos Vascos.
Recentemente participou no Foro "Pensar o mundo dende Galicia" organizado polo Consello da Cultura Galega,
Notas
Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Filósofos do País Vasco Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Pensilvania Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra