Radio Juventud, co indicativo EFJ 48, foi unha emisora de Monforte de Lemos integrada na Cadena Azul de Radiodifusión que existiu entre 1953 e 1989.

Historia A finais do ano 1953 comezaron as probas técnicas da radio cun equipo emisor de 50 watts cedido pola Radio Juventud da Coruña. Esta emisora foi fundada seguindo a liña das estacións escolas de Frente de Juventudes, coas que pretendía formas a futuros profesionais da

radiodifusión. As emisións regulares comezaron o 1 de marzo de 1954 ás 20.30 horas coa reprodución do Cara al Sol, o Himno Nacional de España e oración do Angelus.

En 1966 foi transferida a Cadena de Emisoras Sindicales (CES), outra das redes de radio do Movimiento Nacional, polo que foi renomeada como La Voz Sindical de Lugo-Radio Monforte e adoptando o indicativo CES 17. Coa fusión das redes de emisoras de CES, REM e CAR en Radiocadena Española, en 1978, a emisora quedou dentro desta nova organización, ata que, en 1989, foi absorvida por Radio Nacional de España, retransmitindo a sintonía de Radio 5. En 1991, Radio Nacional de España pechou os estudios en Monforte, herdados da antiga Radio Juventud.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cadena Azul de Radiodifusión

Categoría:Emisoras de radio de Galicia Categoría:Monforte de Lemos