O xacinto de Compostela é unha variedade de cuarzo autixénico que se caracteriza pola súa cor rubia ou laranxa arroibada, debido a inclusións de materiais arxilosos de cor vermella.

Etimoloxía Recibe o nome de xacinto de Compostela porque ao parecer era levada polos peregrinos que realizaban o camiño de Santiago.

A denominación de "cuarzo hematoide" coa que se coñece a distintos tipos de cuarzo cristalizado de cor vermella é de orixe clásica: hemato-, provén do grego antigo αι̃μα, αι̃ματος (aïma, aïmatos) «sangue» e -oïde, do grego antigo -ειδής de ει̃δος (eïdos) «forma, aspecto».

Características

O xacinto de Compostela está asociado á xeoloxía característica da facies Keuper do Triásico: margas, xesos e aragonitas. Tamén pode atoparse ocasionalmente en terreos máis modernos, formados pola meteorización dos anteriores. Aparece en cristais individuais de até 4 centímetros, aínda que xeralmente son de tamaño reducido, ou en agregados de cristais diverxentes, en forma de "piñas"

Xacementos destacables

España Río Galo, Molina de Aragón, Guadalaxara, Castela-A Mancha Río Bolbaite, Chella, Valencia, Comunidade Valenciana Cova de El Chato, Chella, Valencia, Comunidade Valenciana La Pinada, Montroi, Valencia, Comunidade Valenciana El Coscojar, Alpeñés, Teruel, Aragón. Francia Bastennes, Amou, Landas, Francia USA Acme area, Chaves co, New Mexico Klecany

Galería

Notas

Categoría:Compostos de silicio