Arnau Canal Truy, nado en Sant Hipòlit de Voltregà o 28 de febreiro de 2000, é un xogador de hóckey a patíns catalán, que xoga como defensa-medio no Reus da OK Liga.

Traxectoria Formouse como xogador de hóckey a patíns na canteira do Voltregà da súa vila natal, debutando co primeiro equipo na OK Liga na tempada 2018/19, con 18 anos. Ao ano seguinte, integrado xa plenamente no primeiro equipo, marcou 10 goles en liga e catro na Copa WSE. As súas cifras incrementáronse nas tempadas 2020/21 e 2021/22, con 23 e 24 goles en liga respectivamente. Na segunda delas marcou ademais 10 tantos na Copa WSE, rematando como segundo máximo goleador da competición, só por detrás dos 12 do tamén catalán Martí Casas.

En xullo de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Liceo coruñés, vixente campión de liga. Militou unha campaña no club coruñés, acadando o subcampionato de liga. En xuño de 2023 o club anunciou que o xogador non seguiría na entidade na vindeira tempada. En agosto fíxose oficial a súa chegada ao Reus.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en ceroacero.es .

Categoría:Nados en Sant Hipòlit de Voltregà Categoría:Nados en 2000 Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Cataluña Categoría:Xogadores do H.C. Liceo Categoría:Personalidades sen imaxes