The Good Nurse é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Tobias Lindholm. Está protagonizado por Jessica Chastain e Eddie Redmayne, e conta a historia de Amy Loughren, unha enfermeira da quenda da noite que descobre que o seu compañeiro Charles Cullen é un asasino en serie. O filme baséase no libro homónimo de 2013 escrito por Charles Graeber que relata sucesos reais. Foi escrito por Krysty Wilson-Cairns e o resto do elenco está composto por Nnamdi Asomugha, Kim Dickens e Noah Emmerich.

The Good Nurse estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 11 de setembro de 2022, e estreouse en cinemas seleccionados o 19 de outubro, antes de lanzarse en Netflix o 26 de outubro de 2022, onde conta cunha versión subtitulada en galego.

Personaxes Jessica Chastain como Amy Loughren Eddie Redmayne como Charles Cullen Nnamdi Asomugha como Danny Baldwin Noah Emmerich como Tim Braun Kim Dickens como Linda Garran Malik Yoba como Sam Johnson Maria Dizzia como Lori

Notas

Véxase tamén Outros artigos Capturing the Killer Nurse, documental de 2022.

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Tobias Lindholm Categoría:Filmes ambientados en 2003 Categoría:Filmes ambientados en Nova Jersey Categoría:Filmes rodados en Connecticut Categoría:Filmes de FilmNation Entertainment Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego