miniatura|Animación 3D dos procesos das células de Müller (vermello) interconectados cunha célula da microglía da retina (verde).

A glía de Müller ou células de Müller son un tipo de células gliais da retina, recoñecidas e descritas por primeira vez polo anatomista alemán Heinrich Müller. Encóntranse na retina dos vertebrados, onde exercen como células de soporte ou apoio das neuronas, como todas as células da glía fan. Son o tipo máis común de célula glial atopado na retina. Aínda que os seus corpos celulares están localizados na capa nuclear interna da retina, as súas prolongacións se estenden por todo o grosor da retina.

A principal función das células de Müller é manter a estabilidade estrutural e funcional das células da retina. Isto comprende a regulación do ambiente extracelular por medio da captación de neurotransmisores, eliminación de residuos, regulación dos niveis de K+, almacenamento de glicóxeno, illamento eléctrico de receptores e outras neuronas e o soporte mecánico da retina neural.

Desenvolvemento

A glía de Müller deriva durante o desenvolvemento de dúas poboacións distintas de células. A célula de glía de Müller é a única célula glial da retina que comparte unha liñaxe celular común coas neuronas da retina. Un subconxunto da glía de Müller orixínase a partir das células da crista neural. Son esenciais para o desenvolvemento da retina de ratos, servindo como promotores do crecemento retinal e da histoxénese, por medio dun mecanismo mediado por unha esterase non específica. A glía de Müller tamén está implicada nun labor de célula poste indicador para o desenvolvemento dos axóns das neuronas na retina de polos. Estudos feitos usando un modelo de peixe cebra da síndrome de Usher indicaron que as células de Müller exercen un papel na sinaptoxénese, a formación de sinapses.

Apoio ás neuronas miniatura|Relación espacial entre as células de Müller e a microglía.

Como células gliais que son, a glía de Müller desempeña un papel secundario pero moi importante para as neuronas. Funcionan como importantes mediadores da degradación de neurotransmisores (acetilcolina e GABA concretamente) e o mantemento dun ambiente favorable na retina nas tartarugas. A glía de Müller é importante na indución do encima glutamina sintetase en embrións de polos, que é un importante actor na regulación das concentracións de glutamina e amoníaco no sistema nervioso central. A glía de Müller foi tamén identificada como fundamental para a transmisión da luz a través da retina dos vertebrados debido á súa especial forma de funil, orientación na retina e propiedades físicas máis favorables.

Papel na rexeneración da retina

A glía de Müller está sendo estudada actualmente polo seu papel na rexeneración neural en animais, un fenómeno que non foi observado ata agora en humanos.WebVision: Regeneration in the Visual System of Adult Mammals Realizáronse estudos das propiedaes rexenerativas da glía de Müller nas retinas do peixe cebra e do polo, pero o mecanismo molecular exacto non está claro. Posteriores estudos realizados en ratos mostraron que a sobreexpresión de Ascl1 na glía de Müller en conxunción coa administración dun inhibidor da histona desacetilase permite a rexeneración de neuronas retinianas a partir da glía de Müller. Estudos en modelos humanos demostraron que a glía de Müller ten o potencial de servir como células nai na retina adulta e son proxenitoras eficientes dos fotorreceptores bastóns.

Os danos nas células da retina induce as células de Müller a orixinar gliose (proliferación da glía). O resultado da resposta varía dependendo dos danos e o organismo no cal ocorreron estes. En peixes cebra e ratos viuse que a glía de Müller sofre desdiferenciación dando células proxenitoras multipotentes. A célula proxenitora pode despois dividirse e diferenciarse en varios tipos de células da retina, incluíndo as células fotorreceptoras, que puideron ser danadas durante unha lesión. Outras investigacións mostraron que a glía de Müller pode actuar como colector de luz no ollo de mamíferos, análogo a fibras ópticas, canalizando a luz cara aos foorreceptores conos e bastóns.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Glía Glía radial

Ligazóns externas

New Hope For Regenerating Damaged Human Retina: Sleeping Stem Cells Successfully Awakened Müller cells at Virginia-Maryland Regional College of Veterinary Medicine

NIF Search - Muller Cell via the Neuroscience Information Framework

Categoría:Histoloxía Categoría:Ollo