Jiří Trnka nado o 24 de febreiro de 1912, en Plzeň e finado o 30 de decembro de 1969 en Praga, foi un titiriteiro, ilustrador, animador e director de cine checo, coñecido polas súas obras cinematográficas.Sadoul, Georges, and Peter Morris. Dictionary of film makers. University of California Press, 1972. Páxinas 255–56.

Traxectoria Jiří Trnka licenciouse na Escola Superior de Artes Aplicadas de Praga, en 1936 idealizou un teatro de monicreques, creado ao comezo da Segunda guerra mundial e no canto do teatro, deseñou escenarios e ilustrou libros para nenos durante toda a guerra.

Despois da guerra creou un departamento de animación nos estudos cinematográficos de Praga. Trnka era coñecida mundialmente por ser o mellor titiriteiro do método checo e gañou varios premios en festivais de cine. Foi chamado "The Walt Disney of the East".

En 1946, no Festival de Cannes, gañou un premio, un ano despois comeza a traballar no cine. As súas películas foron feitas para un público adulto. A principios de 1948, o goberno comunista checo comezou a subvencionar o seu traballo, aínda que o seu estilo e mensaxe permaneceron inalterados, ademais de películas, tamén debuxou debuxos animados, escribiu guións para a maioría das súas películas. En 1949 gañou o premio Hans Christian Andersen, o máximo galardón da literatura infantil. Morreu en 1969 por problemas cardíacos.

Películas máis coñecidas

The Czech Year - 1947; Song of the Prairie - 1949; The Emperor's Nightingale - 1949; Old Czech Legends - 1953; A Midsummer Night's Dream (Sonhos de uma Noite de Verão) - 1959; The Cybernetic Grandma - 1962; The Archangel Gabriel and Mrs. Goose - 1964; The hand - 1965.

Notas

Categoría:Directores de cinema da República Checa Categoría:Finados en 1969 Categoría:Nados en 1912