Robert 'Bob' Apgar Champine, nado o 6 de marzo de 1921 en Saint Paul, Minnesota e finado o 17 de decembro de 2003, foi un piloto de probas dos Estados Unidos que traballou para a NASA. miniatura|250px|Bob Champinee (esquerda) xunto con Herbert Hoover enfrnte do Bell X-1 co que superou a barreira do son. Traxectoria Bob Champine graduouse na Universidade de Minnesota en 1943, enrolándose na Armada dos Estados Unidos de América pilotando varios avións de combate antes unirse á NACA (a predecesora da NASA) en Langley en decembro de 1947 como piloto de investigación. O 2 de decembro de 1948 Champine converteuse no sexto humano e no terceiro civil en romper a barreira do son superando o Mach 1 no voo número 23 da NACA a bordo do segundo Bell X-1 construído. A mediados dos anos 1950 a NACA comezou a considerar en serio os voos espaciais e a investigar as súas implicacións. Champine foi enviado ao Centro de Desenvolvemento Aéreo da Armada en Johnsville, Pensilvania, para estudar por medio dunha centrífuga os efectos das grandes aceleracións nos pilotos, chegando a soportar aceleracións de 18 G. O 1 de outubro de 1958 a NACA deixou de existir para dar paso á NASA, que considerou que os mellores candidatos a astronauta serían os pilotos de proba. Champine influído na selección dos criterios que deberían cumprir os candidatos a astronauta, aínda que el mesmo foi descartado por ser demasiado alto. A principios dos anos 1960 participou nas probas do simulador de acoplamento espacial. Fixo tamén os primeiros voos no simulador do módulo lunar do proxecto Apollo.
Bob retirouse da NASA en xaneiro de 1979 pero continuou facendo voos de proba, incluíndo voos no simulador do entón futuro transbordador espacial. Faleceu o 17 de decembro de 2003.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos NASA
Categoría:Astronáutica Categoría:Aviadores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Nados en Minnesota