Carmen Castejón Cabeceira, nada en Pontevedra o 15 de marzo de 1964, é unha poeta galega en lingua castelá e lingua galega.
Traxectoria Estudou música, enfermaría, arte dramática e foi funcionaria da Deputación de Pontevedra. Residiu en Alacant, Marrocos e Pontevedra.
Impartiu múltiples palestras sobre Literatura e paz en España e México. Forma parte da ASOLAPO (As. Latinoamericana de poetas, Escritores e Artistas), do Círculo Universal de Embaixadores da paz de Xenebra e Movemento Mundial pola Paz, La Paz eres tú. Algúns dos seus poemas foron traducidos ao catalán, francés, inglés e portugués.
Ten publicado no Instituto de Estudios Valdeorreses, Contrastes, Diario de Pontevedra, A Nosa Galicia, Galicia Dixital etc.
Obra en castelán
Latidos tras las rejas (1994). Ed. Cardeñoso. 100 páxs. ISBN 978-84-8190-034-7. Poesía hacia la luz (1994). Ed. Cardeñoso. 93 páxs. ISBN 978-84-8190-022-4. Mi voz en crisis (2012). Ed. de autor. ISBN 978-84-616-0373-2. La decepcións se pinta (2019). Editorial Discursiva. 70 páxs. ISBN 978-84-947663-7-4. Salvar el derrumbe (2022). Ed. Nuevos Ekkos. 78 páxs. ISBN 978-84-126094-2-4. Poemas en galego e castelán.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Presentación de Salvar el derrumbe en Madrid (2022)
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1964 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega