Tubular Bells é o álbum de estrea do músico inglés Mike Oldfield, publicado o 25 de maio de 1973 a través do selo Virgin Records. Oldfield, que tiña 19 anos cando foi gravado, tocou case todos os instrumentos do disco case completamente instrumental.

Inicialmente o álbum vendeu pouco, pero fíxose coñecido en todo o mundo en decembro de 1973 cando o seu tema de apertura foi usado na banda sonora do filme de terror O exorcista. Isto levou a un aumento nas vendas que aumentou o perfil de Oldfield e desempeñou un papel importante no crecemento do grupo Virgin. O disco estivo no top 10 de álbums británico durante un an dende marzo de 1974, chegando ao número 1 durante unha semana. Chegou ao númeo 3 da lista estadounidense Billboard 200, e ao número 1 no Canadá e Australia. O álbum vendeu máis de 2,7 millóns de copias tan só no Reino Unido e uns 18 millóns en todo o mundo.

Unha versión orquestral producida por David Bedford foi editada en 1975 como The Orchestral Tubular Bells. Oldfield gravou tres secuelas: Tubular Bells II (1992), Tubular Bells III (1998), e The Millennium Bell (1999). Polo 30 aniversario do disco Oldfield regravou o álbum como Tubular Bells 2003. En 2009 lanzouse unha edición remasterizada. Recoñeceuse a súa contribución á música británica cando Oldfield tocoi extractos na cerimonia de inauguración dos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres. En 2010 a de Tubular Bells foi unha das portadas de dez álbums clásicos de artistas británicos conmemoradas nunha serie de selos por Royal Mail.

Listaxe de cancións Toda a música por Mike Oldfield, agás "Tubular Bells, Part Two" que inclúe "The Sailor's Hornpipe".

Cara 1

"Tubular Bells, Part One" - 26:01

Cara 2

"Tubular Bells, Part Two" - 23:17

Notas

Categoría:Álbums de Mike Oldfield Categoría:Álbums musicais de 1973 Categoría:Álbums producidos por Tom Newman Categoría:Álbums de Virgin Records