A lingua númida foi unha lingua falada na antiga Numidia, un territorio que abranguía a maior parte do norte de África. Aínda que o sistema no que se escribiu a lingua, o alfabeto líbico-bérber (do cal descende o tifinagh), foi case totalmente descifrado e a maioría dos caracteres (agás algunhas excepcións restrinxidas a áreas específicas) teñen valores coñecidos, a lingua apenas foi descifrada e só se coñecen algunhas palabras. As inscricións líbico-bérberes testemuñan a lingua dende o século III a.C ata o século III. A lingua está escasamente estudada e só se pode identificar con seguridade como pertencente á familia afroasiática, aínda que o máis probable é que formase parte das linguas bérberes, falado ao comezo da ruptura da lingua protobérber.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aikhenvald & Militarev, 1991. 'Livijsko-guanchskie jazyki', Jazyki Azii i Afriki, vol. 4, pp. 148–266.
Categoría:Escritas non descifradas Categoría:Linguas de Tunisia Categoría:Linguas de Marrocos Categoría:Linguas de Alxeria Categoría:Linguas de África Categoría:Linguas mortas de África