O new age é un xénero musical destinado a crear inspiración artística, relaxación e optimismo. Os oíntes utilízano para ioga, masaxes, meditación e lectura como un método de manexo do estrés para provocar un estado de éxtase en lugar de transo,Marini 2003, p. 169Whittall 2003, p. 184 ou para crear unha atmosfera tranquila en fogares e outros ambientes. Ás veces asociase co ecoloxismo e a espiritualidade new age;Newport 1998, p. 475-483 porén, moitos dos seus artistas non teñen nada que ver coa "espiritualidade new age", e algúns incluso rexeitan o termo.

A música new-age inclúe tanto formas acústicas, con instrumentos como frauta, piano, guitarra acústica e unha ampla variedade de instrumentos acústicos non occidentais, como formas electrónicas, confiando con frecuencia en pads de sintetizadores sostidos ou execucións longas baseadas en secuenciadores. Inicialmente os arranxos vocais eran raros no xénero, pero a medida que este evolucionapa estes fixéronse máis habituais, especialmente aqueles que presentan cantos de nativos americanos, sánscritos ou tibetano, ou letras baseadas en mitoloxía como por exemplo lendas celtas.Newport 1998, p. 475-479Hale e Payton 2000, p. 26Shuker 2002, p. 212

No hai unha definición exacta de música new-age. Un artigo na revista Billboard de 1987 comentaba que "a música New Age pode ser a música non definida máis sorprendentemente exitosa que chegase á conciencia pública".Newport 1998, p. 476 Moitos considérano un termo paraugasJohn Schaefer (decembro de 1985). "New Sounds". Spin. Vol. 1, no. 8. p. 63. ISSN 0886-3032. para propósitos de márketing en vez dunha categoría musical, e parte dunha complexa tendencia cultural.Newport 1998, p. 476, 478

A música new age estivo influenciada por unha ampla variedade de artistas de diversos xéneros. O álbum de Tony Scott Music for Zen Meditation (1964) está considerado a primeira gravación new age."Roots of Space". Hearts of Space. Season 7. Episodio 200. 1989-07-14. Paul Horn (comezando co Inside de 1968) foi un dos predecesores máis importantes. A serie de álbums de Irv Teibel Environments (1969-1979) contaba con paisaxes sonoros da natureza, tintineos, e cantos "Om" e foi unha das primeiras gravacións psicoacústicas públicas. Spectrum Suite (1975) de Steven Halpern foiun traballo clave que comezou o movemento da música new age.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xéneros musicais