Victoriano Costales Gutiérrez, nado cara a 1901 e finado en Pontevedra en setembro de 1965, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria Oficial primeiro do Corpo Nacional de Estatística con destino na Sección Provincial de Pontevedra en 1936. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir a Portugal grazas a axuda da súa muller Elena Pintado. Foi expulsado do servizo e baixa na escala en marzo de 1937.El Pueblo Gallego, 21-3-1937, p. 8. En maio de 1954 foi readmitido no servizo cunha sanción de cinco anos de postergación e inhabilitación para o desempeño de cargos de mando ou de confianza.BOE, 22-5-1954, p. 3469 En 1962 era subdelegado do Instituto Nacional de Estadística en Pontevedra.El Pueblo Gallego, 4-2-1962, p. 15. Finou en Pontevedra en setembro de 1965.El Pueblo Gallego, 19-9-1965, p. 10.
Vida persoal Casou con Elena Pintado Martín e foi pai de María Elena, Carmen, José Luis e Matilde Costales Pintado.
Notas
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1965