Anderson K. Mazoka, nado en Monze o 22 de marzo de 1943 e finado en Xohanesburgo o 24 de maio de 2006, foi un político zambiano, presidente do Partido Unido para o Desenvolvemento Nacional (UPND), un dos principais partidos do país. Foi candidato presidencial nas eleccións xerais de 2001, na que obtivo o segundo lugar.
Vida Mazoka naceu en Monze. Asistiu á Union College en 1969, onde se graduou en enxeñaría mecánica. Na súa tese de grao, Mazoka deseñou e construíu un túnel aerodinámico en tan só 10 semanas. O túnel, cuxa construción chamou a atención dos medios de comunicación, encheu o soto da Facultade de Ciencias e Enxeñaría e estivo en uso durante tres décadas.
Nas eleccións presidenciais realizadas o 27 de decembro de 2001, quedou en segundo lugar co 26.76 % dos votos, sendo derrotado por Levar Mwanawasa, presidente do Movemento por unha Democracia Multipartidaria (MMD), quen obtivo o 28.69 % dos votos.
Mazoka faleceu o 24 de maio de 2006, debido a unha insuficiencia renal en Xohanesburgo, Suráfrica. Tiña 63 anos. Foi sucedido como presidente do UPND por Hakainde Hichilema.
Estivo casado con Christine Mutinta e tiveron tres fillos biolóxicos: Mutinta, Pasina, Anderson Jr., e dous adoptivos: Machenje e Lundu.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fotografía
Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Políticos de Zambia