Edgar Chagwa Lungu, nado en Ndola o 11 de novembro de 1956 e finado en Pretoria o 5 de xuño de 2025, foi un avogado e político zambiano, presidente de Zambia desde o 25 de xaneiro de 2015 até o 24 de agosto de 2021.
Carreira política Inicialmente uniuse ao Partido Unido para o Desenvolvemento Nacional, pero logo cambiouse á Fronte Patriótica, fundada por Michael Sata.
Durante a presidencia de Sata, Lungu desempeñouse como Ministro de Relacións Exteriores, Defensa e Xustiza. Tras a morte de Sata en outubro de 2014, Lungu converteuse no candidato da Fronte Patriótica para as eleccións presidenciais en xaneiro de 2015. Venceu por escasa marxe ao candidato opositor Hakainde Hichilema.
Presidencia Edgar Lungu xurou o seu cargo de presidente de Zambia o 25 de xaneiro de 2015 no Estadio dos Heroes Nacionais da capital, Lusaka.Matthew Hill, "Zambian Ruling Party's Edgar Lungu Inaugurated as President", Bloomberg, 25 de xaneiro de 2015.
Foi reelixido para cumprir un mandato completo de cinco anos en agosto de 2016, derrotando novamente a Hichilema por unha estreita marxe. Lungu contraeu matrimonio con Esther Lungu, son pais de 6 fillos.Biografía por CIDOB
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1956 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Alumnos da Universidade de Zambia Categoría:Presidentes de Zambia