10 centavos de dólar Roosevelt "1 Dime "Roosevelt Silver Dime" (Ag)". Numista.com"1 Dime "Roosevelt Dime" (Cu-Ni)". Numista.com A/: Retrato de Franklin D. Roosevelt cara á esquerda. Marcas de ceca e de gravador (JS) e data. Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUSTR/: Facho e pólas de oliveira e de carballo. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURUBUS UNUM / ONE DIME Datas: desde 1946. Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca), Denver (D), San Francisco (S) e West Point (W só proof). Gravador: John R. Sinnock. Aliaxe: Ag (1946-1964) / Cu-Ni (desde 1965). Diámetro: 17,90 mm. Peso: 2,50 g / 2,26 g. Espesor: 1,10 mm / 1,35 mm. Canto: estriado.
A moeda de 10 centavos de dólar Roosevelt (en inglés: Rooselvelt dime) é unha moeda de curso legal con ese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, caracterizada por amosar no seu anverso un retrato do expresidente Franklin D. Roosevelt (1882-1945). A moeda foi autorizada pouco despois do falecemento de Roosevelt en 1945 e produciuse ininterrompidamente a partir de 1946.
Roosevelt fora un dos impulsores da March of Dimes, unha organización sen ánimo de lucro centrada na saúde materna e infantil. Como transcorreran xa máis de 25 anos co anterior modelo dos 10 centavos Mercury en circulación, a Casa da Moeda podía cambiar o deseño desta moeda sen necesidade dun trámite laborioso no Congreso, polo que se lle encargou ao seu gravador xefe, John R. Sinnock, que preparase uns deseños que representasen o retrato de Roosevelt. Sinnock presentou unha proposta que tivo que ser modificada, logo das reiteradas críticas da Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, e finalmente a moeda entrou en circulación en xaneiro de 1946.
Desde a súa introdución, os 10 centavos Roosevelt cuñáronse anualmente sen interrupción e en grandes cantidades, inicialmente en prata e a partir de 1965 en metal común, cun núcleo de cobre bañado cunha capa de cuproníquel, mantendo sempre o deseño orixinal de Sinnock.
Inicio e preparación esquerda|miniatura|260x260px|Sinnock traballando co modelo dos 10 centavos Roosevelt. O presidente dos Estados Unidos Franklin D. Roosevelt morreu o 12 de abril de 1945, despois de dirixir o país durante gran parte da Gran Depresión e a segunda guerra mundial. Roosevelt estaba enfermo de poliomielite desde 1921 e axudara economicamente e apoiara con firmeza a creación da organización March of Dimes, que, entre outras cousas, loitaba contra esa doenza paralizante. Este feito resultou determinante para que se pensase na súa figura para ser honrada na nova moeda de 10 centavos (dime).Benvenuto, M. A. (1996). Páxina 1312.Sanders, M. (2003). Páxina 109.
Logo de que o 3 de maio de 1945 o representante por Luisiana James Hobson Morrison presentase un proxecto de lei para a creación da nova moeda de 10 centavos,"A Roosevelt Dime Is Proposed". En The New York Times. 4 de maio de 1945. o 17 de maio o secretario do Tesouro Henry Morgenthau anunciou que a vixente moeda de 10 centavos Mercury (Mercury dime) sería substituída por unha nova co retrato de Roosevelt no seu anverso, que entraría en circulación cara a finais do ano."New Dime to Honor Roosevelt". En The Numismatist. American Numismatic Association. Xuño de 1945. Páxina 612. Aproximadamente o 90 por cento das cartas recibidas polo editor do xornal The Numismatist, Stuart Mosher, amosaban o apoio ante este cambio, aínda que el non o facía, a título persoal, xa que consideraba que o deseño Mercury era fermoso e que o limitado espazo da moeda, por mor do seu tamaño, non lle faría xustiza a Roosevelt; por este motivo, Mosher avogaba pola emisión dunha moeda dun dólar conmemorativo no canto do pequeno dime."Let Well Enough Alone". En The Numismatist. American Numismatic Association. Xullo de 1945. Páxina 732. Outras persoas obxectaron que, malia os seus méritos, Roosevelt non gañara un lugar na historia do país á altura de Washington, Jefferson e Lincoln, os outros personaxes honrados nas restantes moedas circulantes dos Estados Unidos naquel momento.Vermeule, C. (1971). Páxina 209. Como o deseño da moeda de 10 centavos Mercury, cuñada por primeira vez en 1916, xa cumprira os 25 anos en circulación, a lei permitía que a Casa da Moeda dos Estados Unidos e o Tesouro cambiasen o seu modelo sen que o Congreso tivese que pronunciarse ao respecto. Con todo, as comisións encargadas da moeda en ambas as cámaras foron informadas do proxecto.Weikert, E. L. (1946). Páxina 646.
A responsabilidade do novo deseño foi do gravador xefe da US Mint, John R. Sinnock, que levaba nese posto desde 1925,Taxay, D. (1983) . Páxina 371. mais dunha gran parte do traballo de preparación ocupouse o seu axudante, Gilroy Roberts, que máis tarde sería tamén gravador xefe.Ganz, D. L. (1992). Páxina 1538. A principios de outubro de 1945, Sinnock presentoulle os modelos en xeso ao daquela director en funcións da Casa da Moeda, F. Leland, quen llos fixo chegar á Comisión de Belas Artes. Este organismo era o encargado de revisar os deseños das moedas, xa que unha orde executiva de 1921 do presidente Warren G. Harding lle encomendara a emisión de ditames acerca de calquera de obra de arte pública, incluídas as moedas.Taxay, D. (1983) . Páxinas v-vi, 371. miniatura|247x247px|Dous esbozos de Sinnock para o reverso.
Os modelos presentados inicialmente por Sinnock amosaban un busto de Roosevelt no anverso, e no reverso unha man suxeitando un facho e unhas poliñas de oliveira e de carballo. Sinnock preparara tamén outros deseños para o reverso, entre eles un que flanqueaba o facho con pergamiños nos que estaban escritas as Catro Liberdades (expresión, culto, vivir sen miseria e vivir sen medo). Outros esbozos amosaban representacións da deusa Liberdade e un deles, que amosaba a War Memorial Opera House, conmemoraba a Conferencia das Nacións Unidas de 1945.Vermeule, C. (1971). Páxinas 209-210. O numismático David Lange, especializado na moeda estadounidense, considerou todos estes deseños alternativos como "débiles".Lange, D. W. (2009). Páxina 21.
As maquetas da nova moeda foron enviadas o 12 de outubro a Gilmore Clarke, presidente da Comisión de Belas Artes, onde se someteron á análise dos seus membros. A comisión deu a súa opinión o 22 de outubro; unha opinión negativa, xa que: "a cabeza do defunto presidente Roosevelt, tal como se representa nas maquetas, non é boa; cómprelle máis dignidade". Sinnock enviara un reverso alternativo similar ao da moeda definitiva, no que se omitía a man e se colocaban as poliñas a ambos os lados do facho; Clarke preferiu este deseño.Taxay, D. (1983) . Páxinas 371, 375.
Sinnock asistiu a un encontro na casa de Lee Lawrie, un escultor membro da Comisión de Belas Artes, co fin de resolver as diferenzas, e inmediatamente despois presentou un novo modelo para o anverso, que intentaba responder ás obxeccións recibidas sobre a cabeza de Roosevelt. A daquela directora da US Mint, Nellie Tayloe Ross, envioulle as fotografías á comisión, que seguiu amosando o seu rexeitamento, e propuxo a celebración dun concurso entre cinco artistas entre eles Adolph A. Weinman —(deseñador dos 10 centavos Mercury e do medio dólar "Liberdade Camiñando"— e James Earle Fraser — gravador dos 5 centavos Buffalo). A directora Ross declinou esta posibilidade, xa que a Casa da Moeda tiña moita presión para que a moeda estivese preparada para a campaña de March of Dimes de xaneiro de 1946. Contactouse entón co novo secretario do Tesouro, Fred Vinson, mais a el tampouco lle gustaron os deseños e rexeitounos a finais de decembro. Entón Sinnock cambiou a posición da data e da palabra LIBERTY, o que permitiu unha ampliación do tamaño da cabeza, e tamén levou a cabo outros pequenos cambios. Para o autor numismático Don Taxay, "Roosevelt nunca tivera un aspecto mellor!".
Lawrie e Vinson aprobaron os modelos, logo destes cambios, e o 8 de xaneiro a directora Ross telefonou a Comisión para informar disto. Con Sinnock gravemente enfermo —de feito, morreu en 1947— e coa campaña de March of Dimes en marcha, Ross non esperou pola reunión do plenario da Comisión e decidiu autorizar o inicio da produción da moeda. Esta tirapuxa entre a Casa da Moeda e a Comisión de Belas Artes provocou un certo malestar entre ambas as institucións, mais esta última considerou que non fixera máis que cumprir coas súas obrigas, en virtude do que a orde executiva lle encomendara.Taxay, D. (1983) . Páxina 375.
Deseño miniatura|130x130px|O reverso dos 10 centavos Mercury, cunha fasces e, igual que nos de Roosevelt, cunha póla de oliveira. O anverso da moeda representa a cabeza do expresidente Roosevelt de perfil ollando cara á esquerda, xunto coas lendas LIBERTY e IN GOD WE TRUST, a data de emisión, as inciais de John Sinnock ("JS") a modo de marca de gravador e tamén a marca de ceca. Pola súa banda, o reverso presenta no centro o facho da liberdade, flanqueado por unha póla de oliveira como representación da paz e unha póla de carballo como símbolo da forza e da independencia. A inscrición E PLURIBUS UNUM ("Un entre varios") esténdese polo campo do reverso, que se completa co nome do país e o valor facial da moeda (ONE DIME = "10 centavos)."Roosevelt Dime Put into Circulation". En The Numismatist. American Numismatic Association. Marzo de 1946. Páxina 275. Todo este conxunto do reverso simboliza o final vitorioso na segunda guerra mundial.
O numismático Mark Benvenuto suxeriu que a imaxe de Roosevelt na moeda de dez centavos é máis natural que a doutros presidentes en moedas circulantes estadounidenses, o que a aproxima a unha medalla de arte, máis ca a unha moeda. O autor numismático Walter Breen, no seu volume exhaustivo sobre a moeda dos EEUU argumentou que "o novo deseño non era [...] ningunha mellora sobre o de Weinman [o autor dos 10 centavos Mercury], agás pola eliminación das fasces [no reverso] e por facer que a vexetación fose máis recoñecible como unha póla de oliveira pola paz".Breen, W. (1988). Páxina 329. Pola súa banda, o historiador da arte Cornelius Vermeule cualificou a moeda de 10 centavos Roosevelt como "unha moeda limpa, satisfactoria e cun estilo modesto, que no seu conxunto presenta notas de grandeza".Vermeule, C. (1971). Páxina 208. miniatura|219x219px|O busto de Roosevelt nunha placa da escultora Selma Burke. Algúns autores, tanto no momento do deseño como desde entón, viron similitudes entre esta moeda e unha placa que representa a Roosevelt realizada pola escultora afroamericana Selma Burke, inaugurada en setembro de 1945, que se acha no edificio do Rexistro de Escrituras en Washington. A propia Burke foi unha das que coincidiu en considerar que o seu traballo fora utilizado por Sinnock para crear o anverso da moeda de 10 centavos; Burke mantivo esta opinión ata a súa morte en 1994 e mesmo convenceu a varios numismáticos e políticos, incluído o fillo do expresidente, James Roosevelt. Os numismáticos que a apoiaron sinalan que non era a primeira vez que Sinnock se baseaba noutro traballo alleo sen recoñecer a súa procedencia, como é o caso da Campá da Liberdade que aparece no seu medio dólar do Sesquicentenario (1926) e no medio dólar Franklin (1948). No entanto, o estudoso Robert R. Van Ryzin, no seu libro sobre os aspectos misteriosos da moeda estadounidense, indicou que Sinnock debuxara a Roosevelt do natural en 1933 para a súa primeira medalla presidencial, e os relatos da época da emisión da moeda de 10 centavos afirman que este debuxo foi utilizado por Sinnock para a moeda, xunto cunha fotografía do expresidente.Van Ryzin, R. R. (2009). Páxinas 189-213. Un obituario de 1956 en The New York Times atribúelle a Marcel Sternberger a toma da fotografía na que Sinnock se tería baseado para o anverso da moeda de 10 centavos."Marcel Sternberger; Photographer of Portrait for Roosevelt Dime Dead at 57". En The New York Times. 27 de outubro de 1956. Consonte Van Ryzin, o paso do tempo fixo imposible verificar ou invalidar a afirmación da escultora Burke sobre este asunto.Van Ryzin, R. R. (2009). Páxina 213.
Produción