Glauco de Atenas (en latín Glaucus, en grego Γλαῦκος, Glaukos) foi un poeta grego, cuxos epigramas foron moitas veces confundidos cos de Glauco de Nicópole. Traxectoria Na Antoloxía grega hai seis epigramas, o primeiro, segundo, cuarto e quinto etiquetados como Γλαύκου, o terceiro como Γλαύκου Ἀθηναίου e o sexto como Γλαύκου Νικοπολίτα. Son os catro primeiros os que se confunden. Pola súa análise parece que tería escrito o terceiro, cuarto e quinto, epigramas que falan de obras de arte, mentres que os outros serían de Glauco de Nicópole. Algúns opinan que todos os epigramas deberían ser atribuídos só a Glauco de Atenas .

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Nados en Atenas Categoría:Poetas en lingua grega