Alien Lanes é o oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de lo-fi Guided by Voices, publicado o 4 de abril de 1995 a través do selo Matador Records.
O disco foi o primeiro lanzamento do grupo a través de Matador. Segundo o libro de James Greer Guided by Voices: A Brief History: Twenty-One Years of Hunting Accidents in the Forests of Rock and Roll o avance do disco foi de preto de 100 000 dólares, un dos contratos máis caros na historia de Matador. En contraste co lucrativo acordo, Greer menciona que "o custe de gravar Alien Lanes, se deixamos de lado a cervexa, foi duns dez dólares".
Recepción Nunha recensión contemporánea de Alien Lanes, Matt Diehl de Rolling Stone describiu a música do álbum como "rock pegadizo que infunde intelixencia para escribir cancións e amor pola melodía cun sentido de experimentación ás veces punzante e ás veces caprichoso". Caroline Sullivan de The Guardian escribiu unha crítica positiva do álbum, afirmando que "as cancións de Pollard son xoias que se manteñen xusto ao bordo da excentricidade consciente".Sullivan, Caroline (14 de abril de 1995). "Guided by Voices: Alien Lanes (Matador)". The Guardian. p. A12. ISSN 0261-3077 Sullivan sinalou a duración das cancións, afirmando que eran "o tempo suficiente para que Pollard estivese a respirar unhas liñas oblicuas e o guitarrista Tobin Sprout trazase unha melodía estridente". Robert Christgau, de The Village Voice, foi menos eloxioso, dándolle ao álbum unha clasificación de "fracaso".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Guided by Voices Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums de Matador Records