My Morning Jacket é unha banda estadounidense de indie rock formada en Louisville, Kentucky no ano 1998. O grupo está composto polo vocalista e guitarrista Jim James, o baixista Tom Blankenship, o batería Patrick Hallahan, o guitarrista Carl Broemel, e o teclista Bo Koster. O son da banda, enraizado no rock e no country, adoita a ser experimental e psicodélico. O grupo amasou seguidores a partir da década de 2000, en pate debido ás súas actuacións ao vivo.
My Morning Jacket conseguiu o seu primeiro éxito en Europa tras o lanzamento do seu álbum de estrea, The Tennessee Fire (1999). O seu seguinte traballo, At Dawn (2001), conseguiu unha gran cantidade de seguidores nos Estados Unidos e precedeu a varios cambios na formación. Tras fichar polo gran selo ATO Records, o grupo lanzou dous álbums, It Still Moves (2003) e Z (2005), sendo este último un grande éxito. O seguinte lanzamento da banda, Evil Urges (2008), tivo críticas divididas, mentres que Circuital (2011), o seu sexto álbum, tivo unha resposta máis unánime. O seu sétimo álbum, The Waterfall, foi lanzado en 2015, seguido por The Waterfall II en 2020 e My Morning Jacket en 2021.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloThe Tennessee Fire1999Darla RecordsAt Dawn2001Darla RecordsIt Still Moves2003ATO RecordsZ2005ATO RecordsEvil Urges2008ATO RecordsCircuital2011ATO RecordsThe Waterfall2015ATO RecordsThe Waterfall II2020ATO RecordsMy Morning Jacket2021ATO RecordsIs2025ATO Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Kentucky Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de Southern rock Categoría:Grupos musicais de Americana Categoría:Grupos musicais de country alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1998