Luz María Gómez Rodríguez, coñecida como Luma Gómez, nada en Ferrol o 6 de maio de 1951, é unha actriz galega.
Traxectoria Foi actriz habitual en programas e series da Televisión de Galicia. Comezou a súa actividade teatral en 1969, foi cofundadora das compañías teatrais: Teatro Zoo de Madrid (1970 a 1977), Teatro Andrómena de Santiago de Compostela (1979), Teatro de Estaribel, Cooperativa Teatral Galega (1980-1981) e Teatro do Noroeste (1991). Foi membro dos grupos de teatro afeccionados: Teatro Estudio de Ferrol (1969) e Talia de Ferrol (1970), e do grupo profesional La Picota de Madrid (1977).
Foi actriz de dobraxe en diversas series e películas para TVG durante os anos 1985, 1986 e 1987.
Teatro 1985: Os vellos non deben de namorarse de Castelao. Centro Dramático Galego. 1986: O enfermo imaxinario de Molière. Centro Dramático Galego. 1987: Medea de Eurípides-Séneca-Anouilh. Produccións do Noroeste de Santiago de Compostela. 1988: Galicia, S.L. Espectáculo realizado coa colaboración dos autores: Manuel Rivas, Antón de Santiago, María Xosé Queizán, Manuel Guede, Xesús Campos, Antonio F. Simón e Lino Braxe. Teatro do Malbarate-Produccións do Noroeste de Santiago de Compostela. 1989: As alegres casadas, de William Shakespeare. Centro Dramático Galego. 1990: Rei Lear de William Shakespeare. Produccións do Noroeste de Santiago de Compostela. 1991: Os xustos de Albert Camus e tradución de Xosé Manuel Beiras. Produccións do Noroeste de Santiago de Compostela 1992: Un soño de verán de William Shakespeare. Centro Dramático Galego. 1992: A grande noite de Fiz (ou chegan de Francia noticias preocupantes) de Miguel-Anxo Murado. Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela. 1993: Galileo, Galilei de Bertolt Brecht. Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela. 1993: As vodas de Fígaro de Caron de Beaumarchais. Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela. 1994: Maccbeth, de William Shakespeare, en tradución ó galego de Fernando Pérez-Barreiro Nolla. Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela. 1995: Historias peregrinas de Miguel Anxo Murado. Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela. 1996: Noite de Reis de William Shakespeare. Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela. 1997: Unha rosa é unha rosa, unha comedia de medo de Suso de Toro. Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela. 1998: El embrujado de Valle Inclán. Centro Dramático Galego. Dirección: Eduardo Alonso. Dentro da montaxe teatral VALLE INCLÁN / 98. 1998: Las galas del difunto de Valle Inclán. Centro Dramático Galego. Dirección: José Martíns. Dentro da montaxe teatral VALLE INCLÁN / 98. 1998: Ligazón de Valle Inclán. Centro Dramático Galego. Dirección: Manuel Guede. Dentro da montaxe teatral VALLE INCLÁN / 98. 1999: Eu estaba na casa e agardaba que viñexe a chuvia de Jean-Luc Lagarce. Centro Dramático Galego. 1999: Feirantes, versión escénica de Eduardo Alonso sobre algúns textos de Álvaro Cunqueiro recollidos en Os outros feirantes. Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela. 2000: Celestina, comedia de tolos amores de Calisto e Melibera, versión de Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela 2000: O páis acuático, teatro infantil de Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela. 2001: Alta comedia de Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste. Dirección: Eduardo Alonso. 2002: Campo Sur de Lino Braxe. Teatro do Noroeste. Dirección: Elina Luaces. 2002: As damas de Ferrol de Eduardo Alonso. Compañía: Teatro do Noroeste. Dirección: Eduardo Alonso. 2003: O velorio de Francisco Taxes. Centro Dramático Galego. 2004: Ensaio de Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste. Dirección: Eduardo Alonso. 2005: A tixola polo mango de Lola Correa. Teatro do Noroeste. Dirección: Lola Correa. 2006: Imperial: Café cantante. Vigo 1936 de Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste. Dirección: Eduardo Alonso. 2006: A casa do pai de Carlos Álvarez Ossorio. Compañía: Teatro do Noroeste. Dirección: Carlos Álvarez Ossorio. 2007: Romeo e Xulieta de William Shakespeare. Compañía: Teatro do Noroeste. Dirección: Eduardo Alonso. 2009: Glass City (Cidade Cristal) de Eduardo Alonso, estreada no Teatro Jofre de Ferro 2012: La sartén por el mango de Lola Correa. Artería Noroeste de Santiago. 2013: Linda and Freddy, ilusionistas de Eduardo Alonso. Estreada no Salón Teatro de Santiago de Compostela. 2020: As virxes salvaxes de Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste. 2022: Último verán en Santa Cristina de Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste. 2022: Gloria nacional de Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste. 2025: Guerra, Teatro do Noroeste, dirección Eduardo Alonso.
Cinema 1987: El bosque animado, de José Luis Cuerda, (coprotagonista).
1989: Urxa, de Carlos Piñeiro e Alfredo Pinar, (protagonista). 1991: El juego de los mensajes invisibles, de Juan Pinzás. 1993: La leyenda de la doncella, de Juan Pinzás. 2000: Lena, de Gonzalo Tapia. 2007: Atma (curta), de Guillermo Maceiras. 2009: Os mortos van ás presas, de Ángel de la Cruz. 2011: A paixón de María Soliño, de Emilio Fernández e Alfonso Castaño. Productora Faro, SA. Protagonista, María Soliña. 2020: A enquisa, de Eva Alonso (protagonista)
TV 1989: Protagonista na serie Servicio de urxencias de Xaime Fandiño. TVG.
1991: Un capítulo de Celia. José Luis Borau. TVE. 1991: Os xustos, TVG. 1992: Un soño de verán, TVG. 1996: Un capítulo de Pratos combinados. Xosé Cermeño. El Correo Gallego. 1997: A familia Pita, TVG. 1997: Unha rosa é unha rosa. TVG. 1999-2003: Un capítulo de Mareas vivas. Chema Gagino. La Voz Audiovisual. 2004-6: Un capítulo de As leis de Celavella. Jorge Coira. La Voz Audiovisual. 2012: A escoba, serie TVG.
Premios 2021: Premio de Honor da Fundación AISGE no festival de cine de Ourense. 2026: A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices da Galiza (AAAG) acordou conceder o Premio de Honra Marisa Soto dos Premios de Teatro María Casares 2026.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Nados en 1951 Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia