Ricardo Bodenlle Corral, nado en Santa Cristina (Cospeito) o 22 de marzo de 1886 e finado en Castro de Rei o 24 de xaneiro de 1967, foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria
Estudou no Seminario de Mondoñedo. Foi ordenado sacerdote o 19 de decembro de 1914. En 1915 foi nomeado capelán das Hermanas de los Pobres de Ferrol. Entre 1917 e 1924 deu clases en colexios de Ferrol. En agosto de 1924 foi nomeado párroco de San Xiao de Mos e do seu anexo Sobrada de Aguiar e foi arcipreste da Terra Chá, permanecendo nese posto ata a súa xubilación en 1966. Finou en San Xiao de Mos o 24 de xaneiro de 1967.El Progreso, 25-1-1968, p. 7.
Publicou en Lugo en 1953 El Bien y el Mal. Verdades en verso, con poemas en galego e castelán. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Cospeito Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1967