Acontecementos África O mercador de escravos Tippu Tip autoproclámase soberano dos territorios do lago Tanganika. Revolta do Baguirmi, estado vasalo do reino de Uadai (Chad). A capital Massenya fica destruída e 35 000 baguirmís son captivados como escravos.

América 1 de marzo - Fin da Guerra da Tripla Alianza: os aliados, o Brasil, a Arxentina e o Uruguai impoñen unha nova constitución a Paraguai, que perde un terzo do seu territorio en beneficio dos vencedores. O seu presidente, López, será executado.

Europa 18 de xullo - O Concilio Vaticano I proclama o dogma da infalibidade pontificia. 19 de xullo - Comeza a guerra franco-prusiana, tras a declaración bélica de Napoleón III contra Prusia. 1 de setembro - O exército francés, dirixido por Mac Mahon, capitula en Sedán, despois de perder a batalla alí celebrada. 4 de setembro - Proclámase a República en Francia. 19 de setembro - Iníciase o cerco de París polos prusianos (até o 28 de xaneiro de 1871). 20 de setembro - Batalla de Porta Pía: tropas italianas entran na cidade de Roma, completando a unificación de Italia. Desaparecen os Estados Pontificios que remontaban ao século VIII. 6 de novembro - As Cortes españolas decidiron a restauración da monarquía, logo de buscar posíbeles candidatos nas casas reais europeas, elixindo a Amadeu de Aosta. miniatura|dereita|250px|Napoleón III con Bismarck dirixíndose ao encontro de Guillerme I. Óleo de Camphausen miniatura|H. Schliemann

Arte e cultura Jules Verne publica a novela Vinte mil leguas baixo dos mares. 26 de xuño - Estrea de "As valquirias" (Die Walküre) en Múnic, ópera de Richard Wagner. Heinrich Schliemann comeza as escavacións en Hissarlik, Anatolia, lugar que se revelará como asentamento de Troia.

Ciencia e tecnoloxía 2 de xaneiro, Comeza a construción da Ponte de Brooklyn, en Nova York.

Nacementos 2 de xaneiro - Ernst Barlach, escultor, artista gráfico e poeta alemán. 8 de xaneiro - Miguel Primo de Rivera, militar e político español (m. 1930) 22 de abril - Vladimir Ilich Ulianov, Lenin, político ruso (m. 1924). 19 de maio - Kitarō Nishida, filósofo xaponés (m. 1945). 21 de setembro - Julián Besteiro, político socialista español. 21 de setembro - Prudencio Rovira Pita, político e xornalista galego (m. 1960). 30 de setembro - Federico Guillermo Maciñeira e Pardo de Lama, historiador e xeógrafo (m. 1943).

Mortes

29 de xaneiro - Antonia Vila, impresora e editora galega (n. 1815).

6 de xuño - José Joaquín Barreiro Ferro, avogado e político galego (n. 1814).

8 de xuño - Charles Dickens, autor, entre outras obras, de David Copperfield e Canción de Nadal (n. 1812). 17 de xuño - Jérôme Napoleon Bonaparte, sobriño do emperador Napoleón I. 23 de setembro - Prosper Mérimée, escritor francés. 24 de novembro - Isidore Ducasse, Conde de Lautréamont, poeta francés de orixe uruguaia. 28 de novembro - Frédéric Bazille, pintor francés. 5 de decembro - Alexandre Dumas, escritor francés (n. 1802). 13 de decembro - Pascual Madoz, político español. 22 de decembro - Gustavo Adolfo Bécquer poeta e narrador español (n. 1836).

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1870