Juan Pérez Rodríguez, finado en Pacios o 26 de agosto de 1935, foi un político galego.
Traxectoria Concelleiro de Neira de Xusá na Restauración. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi alcalde de Neira de Xusá dende maio de 1924.BOP Lugo, 2-6-1924, p. 3. Permaneceu no cargo ata 1927. Despois foi xuíz municipal de Neira de Xusá.BOP Lugo, 3-3-1934, p. 4. Finou na súa casa da Torre de Lamas (Lamas de Pacios) o 26 de agosto de 1935.Alborada, 27-8-1935, p. 9.Alborada, 31-8-1935, p. 2.
Vida persoal Casou con Manuela Gándaras López e foi pai de José, Domingo, Josefa, María, Germán, Julio, Julia e Ángel Pérez Gándaras.
Notas
Categoría:Alcaldes de Baralla Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1935 Categoría:Nados en ano descoñecido