José Antonio Dopacio Mesa, coñecido como Colasito, nado na Pontenova e finado no mesmo concello o 20 de xullo de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Foi nomeado recadador interino do Concello de Vilameá o 24 de xuño de 1936.BOP Lugo, 11-11-1936, p. 3. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité da Fronte Popular de Vilameá e Vilaoudriz, constituído o día 22, xunto con Ángel Pérez Gándaras, Manuel Enríquez Fernández e Jesús Sampedro Vázquez.BOP Lugo, 11-11-1936, p. 3. Foi morto na Pontenova nos enfrontamentos armados contra o exército golpista.

Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Finados en 1936