Kona fer í stríð é un filme islandés de 2018 dirixido por Benedikt Erlingsson. Foi escollido como candidato de Islandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Argumento Halla, directora dun coro e activista medioambiental, planea interromper as operacións dunha planta de aluminio de Rio Tinto nas montañas de Islandia danando intencionadamente as torres e os cables eléctricos para cortar a subministración de electricidade.

Un día recibe unha chamada que aproba unha solicitude que xa esquecera para adoptar unha nena orfa de Ucraína. Ao mesmo tempo, o goberno intensifica os esforzos policiais e de propaganda para atrapala e desprestixiala. O filme xira arredor dos seus intentos de conciliar o seu perigoso e ilegal activismo coa próxima adopción.

Durante todo o tempo, os intérpretes da banda sonora da película, formados por unha banda de tres homes e unhas cantantes tradicionais ucraínas, interactúan coa trama e as personaxes.

Personaxes Halldóra Geirharðsdóttir Davíð Þór Jónsson Magnús Trygvason Eliasen Ómar Guðjónsson Jóhann Sigurðarson

Remake O 11 de decembro de 2018 anunciouse que Jodie Foster ía dirixir e protagonizar un remake en inglés.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Islandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua islandesa Categoría:Filmes de Islandia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Ucraína Categoría:Filmes ambientados en Islandia Categoría:Filmes ambientados en Ucraína Categoría:Filmes sobre o medio ambiente Categoría:Filmes sobre irmás xemelgas Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes sobre terrorismo