Holaspis guentheri é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos, subfamilia dos lacertinos, e tribo dos eremiadinos, unha das dúas integradas no xénero Holaspis.Holaspis Gray, 1863 no GBIF. Consultado o 1 de outubro de 2022.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1896 polo zoólogo e explorador austríaco, especializado en herpetoloxía e entomoloxía, Franz Werner, no seu traballo "Über einige Reptilien aus Usambara (Deutsch-Ostafrika)", publicado en Verhandlungen der Kaiserlich-Königlichen Zoologisch-Botanischen Gesellschaft in Wien 45: 190-194.Holaspis laevis Werner, 1896 no GBIF. Consultado o 1 de outubro de 2022.
Etimoloxías Para a do xénero, ver Holaspis.
O epíteto específico, laevis procede do latín laevis, que significa "suave".Charlton T. Lewis & Charles Short (2000): A Latin Dictionary. ISBN 978-1-9998-5578-9.
Sinónimos Ademais do nome actualmente válido (2022), a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:Holaspis laevis Werner, 1896 en The Reptile Database.
Holaspis guentheri laevis Werner, 18961 Holaspis guentheri laevis Arnold, 1989 Holaspis guentheri laevis Broadley & Howell, 1991 Holaspis guentheri laevis Kroninger in den Bosch, 2001 Holaspis laevis Broadley, 2000 Holaspis laevis Spawls et al., 2018
Nota taxonómica Anteriormente Holaspis laevis era considerado unha subespecie de Holaspis guentheri.
Distribución Holaspis laevis está distribuído pola África central e oriental, encontrándose en Camerún, Costa do Marfil, Ghana, Guinea Ecuatorial, Kenya, Malawi, Mozambique, Nixeria, República Democrática do Congo, Serra Leoa, Tanzania e Uganda.
Conservación en viveiros Case todos os espécimes de Holaspis no comercio de mascotas son de H. laevis. A cría en cativerio produciu un aumento da información sobre a bioloxía de Holaspis.Neon Blue Tailed Tree Lizard. Holaspis guentheri.
No "Acuario de Colonia", unha femia de H. laevis de Tanzania puxo un ou dous ovos o 14 de novembro, o 22 de decembro, o 24 de febreiro e o 5 de abril. Só un ovo eclosionou despois de 54 días de incubación.Kroniger, Michael & Bosch, Herman (2001): Biological data on Holaspis guentheri laevis Werner, 1895 obtained from vivarium keeping. As femias de H. laevis depositaron ovos debaixo dunha codia. A niñada case sempre constaba de dous ovos, e rara vez as femias máis novas poñían un só. Producían niñadas cada catro ou seis semanas durante o ano. O tamaño do ovo era de entre 6,0 e 7,2 mm x 11,3 e 12,9 mm, a súa masa oscilaba entre os 0,30 e os 0,38 g. A 29 °C, o tempo da incubación foi de 55 a 57 días. As crías medían de 21 a 24 mm de longo desde o fociño até a abertura xenital, e a cola medía de 30 a 35 mm de longo, e tiñan unha masa corporal de 0,23 a 0,25 g. A madurez sexual alcánzase aos 1,5 ou 2 anos en cativerio.
Ameazas Spawls et al. (2002) sinalan que esta especie (como Holaspis guentheri) non tolera a deforestación, pero que esta especie estendida probabelmente non estea en risco significativo. Tal e como se entende agora, H. laevis ten unha área de distribución moito máis restrinxida que a súa conxénere pero, porén, está bastante estendida e parece depender menos dos hábitats forestais que H. guentheri'.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución razoablemente ampla, que se encontra en varias áreas protexidas e que non está suxeita a grandes ameazas, considera o seu status como LC (pouco preocupante).Wagner, P., Branch, W. R., Safari, I., Chenga, J. & Malonza, P. K. (2021): Holaspis laevis na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 1 de outubro de 2022.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Arnold, E. N. (1989): "Systematics and adaptive radiation of Equatorial African lizards assigned to the genera Adolfus, Bedriagaia, Gastropholis, Holaspis and Lacerta (Reptilia: Lacertidae)". Journal of Natural History 23: 525-555. Chirio, L. & Ineich, I. (2006): "Biogeography of the reptiles of the Central African Republic". African Journal of Herpetology 55 (1): 23-59. Hoinsoude Segniagbeto, G., Trape, J.-F., Afiademanyo, K. M., Rödel, M.-O., Ohler, A., Dubois, A., David, P., Meirte, D., Glitho, I. A., Petrozzi, F. & Luiselli, L. (2015): "Checklist of the lizards of Togo (West Africa), with comments on systematics, distribution, ecology, and conservation". Zoosystema 37 (2): 381-402. LeBreton, M. (1999): "A working checklist of the herpetofauna of Cameroon". Amsterdam: Netherlands Committee for IUCN. Spawls, S., Howell, K. M., Drewes, R. C. e Ashe, J. (2018): A Field Guide to the Reptiles of East Africa. 2ª ed. San Diego, San Francisco, New York, Boston, London: Academic Press, Elsevier Science. ISBN 978-1-4729-3561-8.
Outros artigos LacértidosHolaspis''
Ligazóns externas Holaspis laevis Gray, 1863 na EOL.
Categoría:Réptiles