1999 (MCMXCIX) foi un ano común comezado en venres no calendario gregoriano, e foi Ano Santo Xacobeo.

Acontecementos dereita|miniatura|Eurozona (1999/2002). 1 de xaneiro - Entra en vigor o euro, moeda única para once países da UE. 2 de xaneiro - Juan José Ibarretxe toma posesión coma novo lehendakari do Goberno do País Vasco. 12 de marzo - A República Checa, Hungría e Polonia ingresan na OTAN. 28 de abril - Lanzamento do observatorio espacial alemán ABRIXAS. 13 de xuño - Celébranse as VI Eleccións municipais en España desde a Transición. 30 de agosto - Un 95 % da poboación de Timor Leste, ocupada por Indonesia, vota pola independencia. 14 de novembro - Boris Trajkovski é elixido Presidente de Macedonia do Norte. 21 de decembro - Lanzamento do satélite científico ACRIMSAT.

Nacementos 29 de setembro - Xoán Valentín de Tódolos Santos Urdangarin Borbón, fillo da Infanta Cristina de Borbón e Iñaki Urdangarin.

Mortes Xaneiro-xuño 4 de xaneiro - José Vela Zanetti, pintor e académico español. 4 de xaneiro - Iron Eyes Cody, actor estadounidense. 11 de xaneiro - Brian Moore, escritor irlandés (a. 1921). 11 de xaneiro - Fabrizio De André, cantautor italiano (n. 1940). 14 de xaneiro - Jerzy Grotowski, director teatral polaco (n. 1933). 27 de xaneiro - Gonzalo Torrente Ballester, escritor galego en lingua castelá. 28 de xaneiro - Markey Robinson, pintor irlandés (n. 1918). 5 de febreiro - Wassily Leontief, economista ruso-americano, Premio Nobel de Economía (n. 1905). 15 de febreiro - Henry Way Kendall, físico americano, Premio Nobel (n. 1926). 18 de febreiro - Antonio Fernández Pérez, escritor galego (n. 1909). 21 de febreiro - Gertrude B. Elion, científica estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1918). 25 de febreiro - Glenn T. Seaborg, químico estadounidense, Premio Nobel (n. 1912). 3 de marzo - Gerhard Herzberg, químico alemán, Premio Nobel (n. 1904).

6 de marzo - Rodolfo López Veiga, director teatral galego (n. 1923). 7 de marzo - Stanley Kubrick, director de cine estadounidense.

18 de marzo - Adolfo Bioy Casares, escritor arxentino. 28 de abril - Arthur Leonard Schawlow, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1920). 22 de maio - Luís Mariño, xornalista e editor galego (n. 1941). 3 de xuño - Marcelino Fernández Villanueva, militar republicano e guerrilleiro antifranquista (n. 1914). Xullo-decembro 2 de xullo - Mario Puzo, escritor estadounidense (n. 1920) 3 de xullo - Mark Sandman, músico e artista americano (n. 1952). 6 de xullo - Carl Gunter Jr, político americano (n. 1938). 6 de xullo - Joaquin Rodrigo, compositor español (n. 1901). 8 de xullo - Charles Conrad, astronauta (n. 1930). 11 de xullo - Helen Forrest, cantante de jazz americana (n. 1917). 12 de xullo - Bill Owen, actor inglés (n. 1914). 16 de xullo - André Martinet, lingüista francés. 16 de xullo - John F. Kennedy, Jr., publicista americano (n. 1960). 23 de xullo - Rei Hasan II de Marrocos (n. 1929). 26 de xullo - Trygve Haavelmo, economista noruegués, Premio Nobel (n. 1911). 29 de xullo - Anita Carter, cantante americana 1933. 26 de setembro - Manuel Cajaraville Pensado, bailador e coreógrafo (n. 1926) 1 de outubro - Manuel Colmeiro Guimarás, pintor galego. 2 de outubro - Heinz G. Konsalik, novelista alemán. 6 de outubro - Amália Rodrigues, cantante portuguesa (n. 1920). 12 de outubro - Juan Couto Sanjurjo, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1917). 14 de outubro - Julius Nyerere, presidente de Tanzania (n. 1922). 20 de outubro - Jack Lynch, primeiro ministro da Irlanda (n. 1917). 28 de outubro - Rafael Alberti poeta (n.1902). 5 de novembro - Antón Fraguas Fraguas, historiador e antropólogo (n. 1905). 6 de novembro - Sleim Ammar, escritor e médico tunisiano (n. 1927). 18 de novembro - Paul Bowles, escritor e compositor estadounidense. 22 de decembro - Robert Bresson, cineasta francés. 22 de decembro - Faustino Cordón, investigador, biólogo e farmacéutico español. 23 de decembro - Jenaro Marinhas del Valle, escritor galego (n. 1908). 24 de decembro - João Baptista Figueiredo, militar, expresidente do Brasil (n. 1918) 26 de decembro - Curtis Mayfield, cantante e compositor estadounidense (n. 1949) 27 de decembro - Horst Matthai Quelle, escritor e filósofo alemán en lingua castelá. (n. 1912).

Premios Nobel Premio Nobel de Física: Gerardus 't Hooft e Martinus J.G. Veltman Premio Nobel de Química: Ahmed Zewail Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina: Günter Blobel Premio Nobel de Literatura: Günter Grass Premio Nobel da Paz: Médicos Sen Fronteiras Premio Nobel de Economía: Robert A. Mundell

Día das Letras Galegas dedicado a: Roberto Blanco Torres

Véxase tamén Outros Historia ano a ano

Categoría:1999