1909 (MCMIX) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano. Foi Ano Santo Xacobeo.

Acontecementos miniatura|Invitación-menú a unha comida de homenaxe en honor a Andrés Martínez Salazar. 5 de xaneiro - Colombia recoñece a independencia de Panamá. 28 de xaneiro - Tropas dos Estados Unidos deixan Cuba, ocupada dende a guerra hispano-estadounidense, pero manteñen a base de Guantánamo. 9 de febreiro - O acordo entre Francia e o Imperio alemán recoñece a preponderancia política francesa sobre Marrocos, a cambio dun acceso comercial e industrial alemán. 20 de febreiro - Le Figaro publica o Manifesto Futurista de Marinetti. 24 de febreiro - En Brighton preséntase o cine en cor. 31 de marzo - Serbia acepta o control do Imperio Austrohúngaro sobre Bosnia e Hercegovina. 6 de abril - Os exploradores estadounidenses Robert Peary e Matthew Henson son os primeiros homes en chegar ao Polo Norte. 11 de abril - Fúndase a cidade de Tel-Aviv, no actual Israel. 22 de abril - Masacre de Oseira: A Garda Civil dispara sobre os veciños que intentaban impedir o traslado do baldaquino do mosteiro de Oseira, co resultado de 9 mortos e 12 feridos. 31 de maio - Iníciase a construción do RMS Titanic. 24 de xullo - Inaugúrase en Santiago de Compostela a Exposición Rexional Galega de 1909. 26 de xullo - Comeza a Semana Tráxica en Barcelona. 8 de setembro - o Brasil e o Perú asinan o Tratado do Río de Xaneiro fixando a súa fronteira no actual estado do Acre. 23 de decembro - Alberte I sobe ao trono de Bélxica. O bacteriólogo alemán Paul Ehrlich desenvolve o Salvarsan, un medicamento eficaz conta a sífilis.

Nacementos 1 de xaneiro - Dana Andrews, actor estadounidense. 3 de xaneiro - Victor Borge, humorista danés. 5 de xaneiro - Stephen Kleene, matemático estadounidense. 14 de xaneiro - Joseph Losey, director de cine estadounidense (m. 1984). 15 de xaneiro - Gene Krupa, músico estadounidense (m. 1973). 3 de febreiro - Simone Weil, filósofa francesa. 9 de febreiro - Carmen Miranda, cantante e actriz brasileira (m. 1955). 12 de febreiro - Zoran Mušič, pintor esloveno (m. 2005). 2 de marzo - Manuel Daniel Varela Buxán, escritor e director teatral galego (m. 1986). 5 de abril - Jesús Vázquez Gayoso, avogado e político galego (m. 1970). 8 de abril - John Fante, escritor estadounidense. 22 de abril - Spiros Markezinis, primeiro ministro grego (m. 2000). 22 de abril - Rita Levi-Montalcini, neuroloxista italiana, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. 22 de abril - Indro Montanelli, escritor e xornalista italiano. 27 de abril - Guillermo León Valencia, presidente de Colombia (m. 1971). 1 de maio - Yannis Ritsos, poeta grego. 17 de maio - Manuel Chamoso Lamas, arqueólogo e escritor galego. 30 de maio - Benny Goodman, músico estadounidense (m. 1986). 6 de xuño - Isaiah Berlin, filósofo anglo-letón. 10 de xuño - Aquilino Iglesia Alvariño, poeta galego (m. 1961). 20 de xuño - Errol Flynn, actor australiano (m. 1959). 22 de xuño - Antonio Fernández Pérez, escritor galego (m. 1999). 1 de xullo - Juan Carlos Onetti, escritor uruguaio. 18 de xullo - Mohammed Daoud Khan, presidente do Afganistán (m. 1978). 27 de xullo - Hilde Domin, poeta alemá. 28 de xullo - Malcolm Lowry, escritor británico. 7 de setembro - Elia Kazan, director de cine e novelista estadounidense (m. 2003). 21 de setembro - Kwame Nkrumah, presidente de Ghana (m. 1972). 11 de outubro - Pierre George, xeógrafo francés (m. 2006). 18 de outubro - Norberto Bobbio, filósofo e politicólogo italiano (m. 2004). 28 de outubro - Francis Bacon, pintor británico. 15 de novembro - Carlos Velo, cineasta galego. 26 de novembro - Eugène Ionesco, autor teatral romanés (m. 1994). 14 de decembro - Edward Lawrie Tatum, xeneticista estadounidense, Premio Nobel (m. 1975). 31 de decembro - Ramón Esturao Calvo, militar e político galego (m. 2002).

Mortes miniatura|Salvador Golpe. 12 de xaneiro - Hermann Minkowski, matemático alemán. 22 de xaneiro - Richard August Carl Emil Erlenmeyer, químico alemán. 17 de febreiro - Gerónimo, xefe dos indios apaches de Norteamérica. 27 de abril - Segundo Moreno Barcia, avogado e político galego (n.1841). 7 de maio - Hermann Osthoff, lingüista alemán (n. 1847). 18 de maio - Isaac Albéniz, compositor español. 14 de xuño - Afonso Pena, presidente brasileiro (n. 1847) 23 de xuño - Salvador Golpe, xornalista, escritor e político galego. 15 de agosto - Euclides da Cunha, escritor brasileiro (n. 1866) 23 de setembro - Xoán Neira Cancela, escritor e xornalista galego. 13 de outubro - Francesc Ferrer i Guàrdia pedagogo catalán. 19 de outubro - Cesare Lombroso, médico e criminólogo italiano. 26 de outubro - Ito Hirobumi, primeiro ministro do Xapón (n. 1841). 23 de novembro - Adolfo Calzado Sanjurjo, banqueiro, xornalista e político galego. 3 de decembro - José Ojea Otero, político e escritor galego (m. 1845). 17 de decembro - Leopoldo II, rei de Bélxica.

Premios Nobel Física: Guglielmo Marconi e Ferdinand Braun Química: Wilhelm Ostwald Fisioloxía ou Medicina: Emil Theodor Kocher Literatura: Selma Lagerlöf Paz: Auguste Beernaert e Paul Henri Balluet d'Estournelles de Constant

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1909