Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

Traxectoria Iniciouse como actor de dobraxe en 1986. Como actor debutou profesionalmente cun pequeno papel en Divinas palabras de José Luis García Sánchez. É irmán da tamén actriz Cristina Castaño e sobriño do xornalista deportivo Pepe Domingo Castaño.

Filmografía Divinas palabras, 1987 Novo de Parmuíde (1987) Doraemon e as mil e unha aventuras (1991) - Takeshi Goda "Xigante" Martes de carnaval (1991) - Roxo Pratos combinados (1995-2006) - Repartidor MRW (no capítulo: "Ideas peregrinas") Doraemon e os piratas dos mares do sur (1998) - Takeshi Goda "Xigante" Mareas vivas (1999-2003) - Chano Morais O pudin máxico (2000) - Bunyip Bluegum O bosque animado (2001) - Furi Bobo Furcia (curtametraxe) (2002) O lapis do carpinteiro (2002) - Manuel Ilegal (2003) - Estudante 1 O Cid, a lenda (2003) - Al-Mutamin Aquí no hay quien viva (2003-2006) Metamorfose (2004) - Gregor Samsa Pinocho 3000 (2004) - Zack Os Atlánticos (2008-2009) - Iván Urxencia Cero (2016) - Dr. Xurxo Prieto O final do camiño (2017) TAC (2017) Viradeira (2017) (TVG) - Toño Fariña (2018) (Antena 3) A sombra da lei (2018) (Netflix) Auga seca (2019) - Méndez Vivir sin permiso (2020) O sabor das margaridas (2020) - Carlos La Unidad (2020) Rapa (2022) - Matías Costenla Fatum (2023) El caso Asunta (2024)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Nacho Castaño na páxina da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

Categoría:Actores de Vilagarcía de Arousa Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de voz de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1972 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes