Daniel Robert Goffey, nado o 7 de febreiro de 1974, é o batería da banda de rock inglesa Supergrass.

Traxectoria Goffey comezou a súa carreira musical na banda Fallopian Tubes, na escola primaria. No Wheatley Park School, en Oxford, el converteuse no batería de The Jennifers que tiña na súa formación a un noviño Gaz Coombes como vocalista. The Jennifers comezaron a gañar reputación na escena indie de Oxford e editaron un sinxelo en 1992 a través da Nude Records antes de separarse. Despois disto Goffey e Coombes decidiron continuar traballando xuntos no futuro.

En 1993 Coombes presentoulle a Goffey ao seu compañeiro Mick Quinn, e os tres comezaron a tocar xuntos. Pouco despois Theodore Supergrass, o primeiro nome de Supergrass, formouse. A banda conseguiu un grande éxito, sobre todo durante o auxe do britpop, a mediados dos 90.

Goffey, Danny Categoría:Nados en Buckinghamshire Categoría:Nados en 1974