O México ten unha forte economía de mercado que recentemente superou 1 millón de millóns de dólares, e que mestura industrias modernas e tamén antigas, e aínda agricultura. Administracións recentes aumentaron a competición empresarial nos portos, ferrocarrís, telecomunicacións, xeración de enerxía, distribución de gas natural e nos aeroportos.
A renda per cápita mexicana é 1/4 da estadounidense, e a distribución da riqueza é moi desigual. O comercio cos Estados Unidos triplicou despois da entrada en vigor do NAFTA, o acordo de libre comercio entre os dous países e o Canadá. O país tamén ten 12 acordos de libre comercio con outros 40 países, incluíndose Guatemala, Honduras, O Salvador, a Asociación Europea de Libre Comercio e o Xapón.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Casa da Moeda de México