Jeffrey Shears Ashby, nado en Dallas, Texas, o 16 de xuño de 1954, é un astronauta e piloto de probas estadounidense retirado que formou parte das misións STS-112, STS-93 e STS-100.
Traxectoria Ashby graduouse en enxeñaría mecánica pola Universidade de Idaho en 1976 e é máster en sistemas de aviación pola Universidade de Tennessee en 1993.
Foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en decembro de 1994, participando nas misións STS-112, STS-93 e STS-100 e pasando un total de 27,68 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-112 STS-93 STS-100
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Dallas, Texas