Örnsköldsvik (saami setentrional: Orrestaaren tjïelte) é un municipio sueco (kommun) do condado de Västernorrland. Atópase no landskap de Ångermanland e a súa capital é Örnsköldsvik, o núcleo urbano máis grande do concello. É o segundo municipio máis poboado de Västernorrland despois do de Sundsvall.
O concello ten costa no golfo de Botnia e a través da zona flúe, entre outros, o río Gide. A Costa Alta (Höga kusten) é Patrimonio da Humanidade e inclúe o parque nacional de Skuleskogen. No concello existe unha longa tradición industrial, en particular vinculada á madeira e a pasta de celulosa.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västernorrland