Älvsbyn é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten. A súa capital é Älvsbyn, que é tamén o maior núcleo urbano do concello.

A través do concello flúen varios ríos, entre eles o Pite onde está a reserva natural de Storforsen, un dos principais atractivos da crecente industria turística do municipio. Entre as empresas máis grandes de Älvsbyn atópanse Polarbröd e Älvsbyhus.

O municipio de Älvsbyn ten unha poboación decrecente dende 2000. En decembro do ano 2024 Älvsbyn tiña 7 774 habitantes.

Xeografía O concello de Älvsbyn limita ao sur co concello de Piteå, ao oeste co de Arvidsjaurs, ao noroeste co de Jokkmokk, ao norte co de Boden e ao leste co de Luleå, todos eles no condado de Norrbotten.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Norrbotten