Tamara Mikhaylovna Smirnova (en ) nada en Henichesk o 15 de decembro de 1935 e finada en San Petersburgo o 5 de setembro de 2001, foi unha astrónoma soviética / rusa descubridora de planetas menores e cometas.

Traxectoria

Entre 1966 e 1988 Smirnova foi membro do persoal do Instituto de Astronomía Teórica de Leningrado. O Minor Planet Center atribúelle a ela o descubrimento de 135 planetas menores numerados entre 1966 e 1984. Tamén co-descubriu o cometa periódico 74P/Smirnova-Chernykh, xunto con Nikolai Stepanovich Chernykh.

O asteroide do cinto principal 5540 Smirnova, descuberto por ela mesma en 1971, recibiu o seu nome por proposta do Instituto de Astronomía Teórica. A cita de nomeamento publicouse o 17 de marzo de 1995 ( ).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Finados en 2001 Categoría:Nados en 1935 Categoría:Astrofísicos Categoría:Astronomía observacional