Manuel Rábade Rodríguez, nado en Cospeito o 16 de febreiro de 1901 e finado en Lugo en marzo de 1991, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Veciño de Cospeito. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de outubro e internado na cadea de Lugo. Xulgado en Lugo por rebelión na causa 1025/36, foi sobresido. Saíu en liberdade o 4 de febreiro de 1937. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941,BOE, 3-10-1941, p. 3628-3629. que foi sobresido en 1944.BOP Lugo, 27-3-1944, p. 4. Novamente detido, acusado de ter contacto co Partido Comunista e con partidas de guerrilleiros, foi xulgado en consello de guerra o 6 de febreiro de 1948, e condenado por rebelión militar xunto con José Santiago Temprano, Victor López Rodríguez e Maximino Rodríguez Pérez. Estivo na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade condicional en xuño de 1949.BOE, 24-7-1949, p. 3299. Finou en Lugo a finais de marzo de 1991.La Voz de Galicia, Lugo, 2-4-1991, p. 2. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Victor López Rodríguez, preso por axudar a un falecido
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Cospeito Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1991