As linguas nilóticas son un grupo das linguas relacionadas que son faladas a través dunha área ancha entre Tanzania e o Sudán do Sur polos pobos nilóticos.

Etimoloxía A palabra nilótica fai referencia ao río Nilo ou á rexión do Nilo.

Demográfica Os pobos nilóticos, quen son os falantes nativos das linguas, orixinalmente migraron dende a área de Gezira no Sudán. Os falantes de linguas nilóticas viven en partes da República Democrática do Congo, Etiopía, Kenya, o Sudán, Sudán do Sur, Tanzania e Uganda.

Subdivisións Segundo o lingüista Joseph Greenberg, a familia lingüística divídese en tres subgrupos:

Linguas nilóticas orientais como o turkana e o masai Linguas nilóticas meridionais como o kalenjin e o datooga Linguas nilóticas occidentais como o luo, nuer e dinka

Antes da reclasificación de Greenberg, o termo nilótico utilizouse para se referir só ao nilótico occidental, e os outros dous agrupáronse como linguas relacionadas "nilo-hamíticas".

Blench (2012) considera as linguas burun como o cuarto subgrupo das linguas nilóticas.Roger Blench (2012) Nilo-Saharan language list Nas clasificacións anteriores, as linguas estaban incluídas dentro das linguas luo. Starostin (2015) trata as linguas mabaan-burun como "nilóticas occidentais", mais fóra do nivel luo.George Starostin (2015) The Eastern Sudanic hypothesis tested through lexicostatistics: current state of affairs (Draft 1.0)

Notas

Categoría:Familias de linguas Categoría:Linguas de Tanzania Categoría:Linguas de Kenya Categoría:Linguas de Uganda Categoría:Linguas da República Democrática do Congo Categoría:Linguas do Sudán do Sur Categoría:Linguas do Sudán Categoría:Linguas de Etiopía