O Parque Nacional do Comoé é unha reserva da biosfera e Patrimonio da Humanidade da UNESCO que se atopa nos distritos de Zanzan e Savanes, no nordeste de Costa do Marfil. É a área protexida máis grande do oeste de África, cunha área de 11,500 km², e abrangue dende a húmida sabana de Guinea até a seca zona sudanesa. Este forte gradiente climático norte-sur permite que o parque albergue multitude de hábitats cunha notable diversidade de vida. Algunhas especies animais e vexetais atopan teñen o seu santuario nalgúns dos distintos tipos de sabana, bosques en galería, prados de ribeira, afloramentos rochosos ou illas forestais.

O parque foi engadido inicialmente como Patrimonio da Humanidade debido á diversidade de plantas presentes ao redor do río Comoé, incluíndo parches prístinos de selva tropical que normalmente só se atopan máis ao sur. Como unha chaira ben erosionada entre dous grandes ríos, o terreo da zona alberga solos relativamente infértiles e un réxime de humidade axeitado para unha biodiversidade máis rica que as áreas circundantes. En 2003, foi engadido á Lista do Patrimonio da Humanidade en Perigo debido á caza furtiva, ausencia de xestión, sobrepastoreo do parque por parte do gando, problemas que se intensificaron tras o estalido da primeiro guerra civil de Costa do Marfil. A 41ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial (celebrada en Cracovia, 2-12 de xullo de 2017) decidiu retirar o Parque Nacional de Comoe da Lista do Patrimonio Mundial en Perigo tralas melloras na conservación da súa fauna e hábitat.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Patrimonio da Humanidade en Costa do Marfil

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Costa do Marfil Categoría:Parques nacionais de Costa do Marfil Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1968