A Aprendizaxe de Linguas Asistida por Ordenador (ALAO) por por Computador ou por Computadora é o estudo e a concepción de diferentes formas de utilizar un ordenador no ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras (en inglés coñecida como Computer-Assisted Language Learning, CALL).Levy M. (1997) CALL: context and conceptualisation, Oxford; Oxford University Press. Como disciplina e área de estudo e práctica, o ALAO abrangue unha gran variedade de aplicacións que poden ir dende o uso de software instalado localmente que permite ao alumno realizar unha secuencia de actividades didácticas con autocorrección. mundos virtuais para a aprendizaxe de idiomas, ao uso de contornos virtuais de aprendizaxe, encerados interactivos, uso de corpus e concordancias, ou a chamada comunicación mediada por ordenador (Computer-Mediated Communication, CMC).

Desde a década de 1990, o CALL volveuse cada vez máis difícil de clasificar, co uso de blogs, wikis, redes sociais, podcasting, aplicacións da Web 2.0, aprendizaxe de linguas do mundo virtual e encerados interactivos.

Identificáronse tres fases históricas de CALL, clasificadas segundo os seus enfoques pedagóxicos e metodolóxicos subxacentes:

condutista: concibido nos anos cincuenta e implantado nos anos sesenta e setenta. comunicativo: de 1970 a 1980. integral: abrazando a multimedia e Internet: década de 1990 en adiante.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

http://www.languagesoftware.net/

Categoría:Cognición Categoría:Lingüística