miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade na República Dominicana, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. A República Dominicana, país do mar Caribe, ratificou a convención o 12 de febreiro de 1985, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.
A Cidade Colonial de Santo Domingo foi o primeiro lugar da República Dominicana incluído na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO, listado na 14ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Banff (o Canadá) en 1990. Dende entón, este ben de clasificación cultural permanece como o único sitio da República Dominicana clasificado como Patrimonio da Humanidade.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: da República Dominicana Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VIII) a (X) son naturais.
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Dexcrición01Cidade Colonial de Santo Domingo200px|Distrito Nacional 1990 526; II, IV, VI (cultural) Tras a chegada de Cristovo Colón á illa en 1492, Santo Domingo converteuse no lugar da primeira catedral, hospital, aduana e universidade de América. Esta cidade colonial, fundada en 1498, deseñouse segundo un patrón de cuadrícula que se converteu no modelo para case todos os urbanistas do Novo Mundo.50px Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.
Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. En 2025, a República Dominicana incluíu trece bens na súa lista provisional.
+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (provincia) Ano de inclusión Criterios da UNESCO DescriciónJacagua, Villa de Santiago Provincia de Santiago2001(cutural)Montecristi150px|alt=Unha casa en Montecristi, cunha árbore á esquerdaProvincia de Monte Cristi2001 (cultural)Parque Nacional Arqueolóxico e Histórico de Pueblo Viejo, La Vega150px|alt=As ruínas do Forte de Vega a vista de paxaroProvincia de La Vega2001(cultural)Centro histórico de Puerto Plata150px|alt=Dous canóns apuntando ao marProvincia de Puerto Plata2001(cultural)Cidade de Azúa de Compostela150px|alt=An apartment with a tree on the leftProvincia de Azua2001(cultural)Azucareira de SanateProvincia de La Altagracia2002II, IV, VI (cultural)Muíño de Azucre da Nuestra Señora de Monte Alegre ou azucareira da DuquesaDistrito Nacional2002II, IV VI (cultural)Sitio arqueolóxico de Villa La IsabelaProvincia de Puerto Plata2018II, V (cultural)Parque nacional de Jaragua150px|alt=Looking down on a canyon with desert vegetationProvincia de Pedernales2018I, III, VII, IX, X (culural)Primeiras máquinas coloniais de AméricaProvincia de San Cristóbal, Provincia de Santo Domingo2018II, VI (cultural)Parque nacional de Cotubanamá150px|alt=A praia, o mar á dereita e as palmeiras á esquerdaProvincia de La Altagracia, Provincia de La Romana2018I, II, III (cultural)Santuario de Mamíferos Mariños Bancos de La Plata e Navidad150px|alt=Two buoys in the seaNingunha, mar aberto2018III, IX, X (mixto)Arte rupestre prehispánica da República DominicanaProvincia de Hato Mayor, Provincia de La Altagracia, Provincia de Pedernales, Provincia de San Cristóbal2018I, III (cultural)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país