Carmen López Bello, nada en Ourense cara a 1901, foi unha mestra galega.
Traxectoria Filla de Amadeo López Vázquez e da mestra Amparo Bello Carballo. En 1933 foi nomeada mestra interina de Mones (Petín).El Pueblo Gallego, 1-4-1933, p. 2. Despois foi mestra do Coutiño (Parada de Sil). Pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, da que era vogal 3ª do Consello directivo provincial en 1936.La Región, 9-8-1936, p. 1. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituída a principios de agosto.La Región, 5-8-1936, p. 4. Como resultado do expediente de depuración foi separada definitivamente do servizo e baixa na escala en abril de 1940.La Región, 8-5-1940, p. 4.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1901