O de Havilland DH.84 Dragon é un exitoso pequeno avión comercial deseñado e fabricado pola compañía británica de Havilland.

Deseño e fabricación Tras o éxito comercial do seu monomotor de Havilland Fox Moth, que voara por vez primeira en marzo de 1932, o operador comercial orixinal, Hillman's Airways, solicitou a construción dunha versión máis grande con dous motores. Tratábase dun deseño sinxelo e lixeiro cunha fuselaxe en caixa de madeira contrachapada usando o mesmo tipo de motor e seccións exteriores das ás semellantes ao Fox Moth. Orixinalmente designouse DH.84 "Dragon Moth" pero foi comercializado como "Dragon". O prototipo voou por vez primeira no aeródromo de Stag Lane o 12 de novembro de 1932. Este avión e os catro seguintes entregáronse a Hillman's que comezou a operalos comercialmente en abril de 1933. Pdían levar seis pasaxeiros, cada un deles con 20 kg de equipaxe, na ruta Londres-París consumindo 49 l de combustible por hora. Os paneis exteriores das ás podía pregarse fara facilitar o seu almacenamento.Jackson 1973, p. 122

Notas

Bibliografía

Categoría:Aeronaves de De Havilland