Thomas D. Rogers, nado en Poughkeepsie, Nova York, en 1945, é un escultor e gravador, coñecido especialmente polos seus deseños de moedas para a Casa da Moeda dos Estados Unidos.
A súa marca de gravador máis común é TDR.
Traxectoria Thomas D. Rogers naceu en 1945 na vila de Poughkeepsie, condado de Dutchess, no Estado de Nova York."Thomas D. Rogers". Smithsonian American Art Museum.
Logo de servir na Armada, formouse en Artes no bienio 1970-1972 no Duitchess Community College, onde acadou un grao técnico en Arte Comercial. En 1972 ingresou na Medallic Art Company como deseñador de esbozos e escultor, e alí desenvolveu unha técnica para esculpir directamente no xeso. Dous anos máis tarde abandonou a compañía e estableceuse como deseñador e escultor independente ata 1990. Logo de exercer un ano como medallista na compañía Medalcraft Mint, de Wisconsin, en outubro de 1991 incorporouse á Casa da Moeda dos EEUU e desenvolveu o seu traballo nas instalacións da Casa da Moeda de Filadelfia ata a súa xubilación en 2001."Thomas D. Rogers, Sr.; Professional Biography ". Tdrogers.comRoach, S. (2009). "Former U.S. Mint sculptor-engraver shares secrets at ANA". En Coin World. Vol. 50. Nº. 2.558. 10 de abril. Páxina 100.
Logo da súa xubilación, inicialmente pasou a residir en 2003 en Long Beach, Washington,Hamilton, D. (2003). "Flip a coin: Heads … or salmon? or beavers? Get ready to rumble as state gears up to design its new quarter ". En Portland Tribune. 19 de agosto. e en 2009 trasladouse a Oregón, onde continuou o seu traballo como artista. Neste período fixo tamén algún deseño para a US Mint, xa como artista independente contratado.Gilkes, P. (2016). "2016 Native American Dollar: U.S. Mint Launches Sales of Circulation-Quality Coins". En Coin World. Vol. 57. Nº 2.914. 15 de febreiro. Páxina 4.
Recoñecementos
(2000): Premio da Arte Numismática á Excelencia na Escultura da Medalla, da American Numismatic Association."ANA honors Thomas D. Rogers Sr. with Medallic Sculpture Award ". American Numismatic Association. 13 de agosto de 2000. (2001): Premio Moeda do Ano á mellor moeda de módulo grande emitida en 1999, pola dólar de prata Dolley Madison (autor do deseño do reverso).Scarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6
Obra
Moedas circulantes O traballo polo que é máis recoñecido é o reverso do popular dólar Sacagawea, na súa versión inicial, de 2000 a 2008."Sacagawea Golden Dollar Coin". United States Mint.Yeoman, R. S. (2009). The Official Red Book: A Guide Book of United States Coins (63ª ed). Whitman Publishing, Atlanta. Páxinas 226-227, 346-348. ISBN 978-079482763-2 Así mesmo, foi o autor do deseño do reverso de 2016 desta moeda, conmemorativo dos descifradores indios da primeira e da segunda guerra mundial."2016 Native American $1 Coin". United States Mint."U.S. Mint Designer Thomas Rogers Signs Exclusive PCGS Signature Label Deal". Professional Coin Grading Service. 20 de xuño de 2019.
Outros dos seus deseños para moedas circulantes foron os dos reversos cuartos de dólar da serie 50 State quarters, en concreto os dedicados a Massachusetts,"Massachusetts State Quarter ". United States Mint. a Maryland"Maryland State Quarter ". United States Mint. e a Carolina do Sur,"Maryland State Quarter ". United States Mint. en 2000 e Rhode Island"Rhode Island State Quarter ". United States Mint. en 2001.
Moedas conmemorativas
Thomas D. Rogers conta tamén entre os seus traballos con deseños para varias moedas conmemorativas e de investimento emitidas pola US Mint, entre elas o reverso inicial das moedas de platino da serie American Platinum Eagle (1997),"American Eagle Platinum Bullion Coins". United States Mint. así como dos reversos desta mesma serie correspondentes a 1998 e 2001.Schechter, S. (2018). "Revisiting platinum 'Vistas of Liberty': Platinum coins form five-year series". En Coin World. Vol. 59. Nº 3.026. 9 de abril. Páxina 32.
Igualmente deseñou os anversoa da moeda de 10 dólares de ouro da Biblioteca do Congreso (2000)."Library of Congress Commemorative Bi-Metallic Ten Dollar Coin". United States Mint.
Os deseños de Rogers son habituais, entre outras, nas moedas dun dólar de prata de carácter conmemorativo que a Casa da Moeda dos Estados Unidos emite anualmente con diferentes motivos, entre elas: o quinto centenario de Cristovo Colón (1992),"Christopher Columbus Quincentenary Dollar". United States Mint. a Declaración de Dereitos (1993),"Bill of Rights Dollar". United States Mint. o 50 aniversario da II guerra mundial (1993),"1 Dollar World War II". Numista.com o monumento aos veteranos de Vietnam (1994),"Vietnam Veterans Memorial Silver Dollar". United States Mint. os Xogos Olímpicos Especiais (1995),"Special Olympics World Games Silver Dollar". United States Mint. o 150 aniversario do Instituto Smithsoniano (1996),"Smithsonian 150th Anniversary Dollar". United States Mint. o Servizo Comunitario Nacional (1996),"National Community Service Dollar". United States Mint. Robert F. Kennedy (1998),"Robert F. Kennedy Silver Dollar". United States Mint. Dolley Madison (1999)"Dolley Madison Commemorative Silver Dollar". United States Mint. e a Biblioteca do Congreso (2000)."Library of Congress Commemorative Silver Dollar Coin". United States Mint.
Medallas Dentro da súa ampla produción medallística cabe salientar, entre outros moitos traballos, a medalla do centenario da American Numismatic Association (1991),"ANA 100th Anniversary ". Tdrogers.com o anverso da medalla do bicentenario da US Mint (1992),"U.S. Mint Bicentennial Medal Reverse". Tdrogers.com o anverso da medalla do Congreso a Gerald e Betty Ford (1998),"Gerald and Betty Ford Congressional Medal ". Tdrogers.com o reverso da medalla do bicentenario da Casa Branca (2000) ou o reverso da medalla do nomeamento presidencial de Barack Obama (2009)"Barack Obama Presidential Inaugural Medal". Smithsonian American Art Museum..
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Casa da Moeda dos Estados Unidos
Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados no condado de Dutchess, Nova York Categoría:Gravadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores do século XXI