O romaní dos Cárpatos, tamén coñecido como romaní central, é un grupo de dialectos do romaní que son falados polo pobo xitano dende o sur de Polonia até Hungría, e dende o leste de Austria até Ucraína. O romaní dos Cárpatos está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO. Esta variedade é un da ducia de dialectos principais dentro da lingua romaní, unha lingua indoaria de Europa. Os dialectos do romaní central do norte son falados tradicionalmente por algúns subgrupos étnicos do pobo romaní en Hungría, a República Checa e Eslovaquia (agás nas súas rexións suroeste e centro-sur), ao sueste de Polonia, na rexión de Zakarpatia de Ucraína e partes de Transilvania, en Romanía. Tamén hai comunidades de emigrantes falantes de romaní central estabelecidas nos Estados Unidos, e comunidades de emigrantes recentes no Reino Unido, Irlanda, Bélxica outros países de Europa occidental.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Caló Bibliografía

Boretzky, Norbert. 1999. Die Gliederung der Zentralen Dialekte und die Beziehungen zwischen Südlichen Zentralen Dialekten (Romungro) und Südbalkanischen Romani-Dialekten. In: Halwachs, Dieter W. and Florian Menz (eds.) Die Sprache der Roma. Perspektiven der Romani-Forschung in Österreich im interdisziplinären und internazionalen Kontext. Klagenfurt: Drava. 210–276. Elšík, Viktor, Milena Hübschmannová, and Hana Šebková. 1999. The Southern Central (ahi-imperfect) Romani dialects of Slovakia and northern Hungary. In: Halwachs, Dieter W. and Florian Menz (eds.) Die Sprache der Roma. Perspektiven der Romani-Forschung in Österreich im interdisziplinären und internazionalen Kontext. Klagenfurt: Drava. 277–390. Elšík, Viktor. 2003. Interdialect contact of Czech (and Slovak) Romani varieties. International Journal of the Sociology of Language, 162, 41–62. Elšík, Viktor, and Yaron Matras. 2006. Markedness and language change: The Romani sample. Berlin: Mouton de Gruyter.

Categoría:Lingua romaní Categoría:Linguas indoarias Categoría:Pobo xitano Categoría:Linguas de Ucraína Categoría:Linguas de Eslovaquia Categoría:Linguas de Romanía Categoría:Linguas de Polonia Categoría:Linguas de Hungría Categoría:Linguas da República Checa Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América