Geotrichum candidum é un fungo ascomiceto. É un organismo común do chan e foi illado de mostras de todos os continentes.
Presenza no corpo humano O geotrichum candidum está presente no microbioma humano, especialmente asociado á pel, mucosas e feces (comunmente chamados flora da pel, flora oral e flora intestinal, mesmo non sendo organismos vexetais).
Acción como patóxeno G. candidum é o axente causante da enfermidade humana geotrichosis e da enfermidade da pudrición aceda en plantas como cítricos, tomates ou cenouras. Tamén pode afectar os froitos do durio.
G. candidum é amplamente utilizado na produción de produtos lácteos como os queixos Camembert, Santo-Nectaire ou Reblochon. O fungo tamén se pode atopar no iogur nórdico chamado viili, sendo responsable da súa textura.
Acción sobre termoplásticos Nun estudo do 2001 atopouse que G. candidum era capaz de consumir o policarbonato atopado en CD.
Notas
Véxase tamén
Organismos que degradan plástico
Categoría:Microbioloxía ambiental Categoría:Microorganismos Categoría:Reciclaxe