Enrique Díaz Varela, nado en Cundíns (Cabana de Bergantiños) en 1960 e finado o 4 de outubro de 2019, foi un político galego.

Traxectoria Taxista. Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro en Cabana de Bergantiños pola CPG que encabezaba o alcalde Manuel Fariña Suárez, o cal logrou unha ampla maioría absoluta de 10 concelleiros de 13. Nas municipais de 1991 o grupo de goberno presentouse polo PSdeG-PSOE e revalidou a vitoria con 9 concelleiros. Nas municipais de 1995 o PPdeG arrebátalles a alcaldía ó lograr maioría absoluta, porén, en 1999 os populares perden esa maioría, e Fariña e o PSdeG recuperan o goberno da man dun pacto co BNG.

Tralo falecemento de Fariña en xuño de 2000, foi elixido como novo alcalde e continuou o goberno de coalición co BNG. Nas municipais de 2003 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que recuperou a maioría absoluta. Volveu ser candidato socialista en 2007, 2011 e 2015 sen conseguir recuperalo goberno, se ben na última ocasión conseguiu recortar distancias cos populares. Foi asesor dos socialistas na Deputación da CoruñaEntrevista en La Voz de Galicia Carballo, 4-5-2011 p.9. Retirouse da primeira liña política en 2019, falelcendo ós poucos meses, o 4 de outubro.

Notas

Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Cabana de Bergantiños

Ligazóns externas Falleció Enrique Díaz, exalcalde de Cabana y concejal durante 32 años en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Cabana de Bergantiños Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cabana de Bergantiños Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes