Fabricio Tomás Coloccini, nado en Córdoba o 22 de xaneiro de 1982, é un futbolista internacional arxentino, que actualmente desempeña a posición de central no San Lorenzo de Almagro arxentino. Foi xogador do Deportivo durante tres tempadas e media.
Traxectoria Pasa polas categorías inferiores de Argentinos Juniors antes de fichar en 1998 polo Boca Juniors, club co que debuta na primeira categoría do fútbol arxentino e co que se proclama campión do Torneo Apertura ese mesmo ano. Despois de dúas campañas é traspasado no ano 2000 ao Milán italiano, pero despois de contar con poucas oportunidades no Calcio regresa ao seu país para xogar cedido durante seis meses no San Lorenzo.
Coloccini, que tiña 19 anos, proclámase campión do Torneo Clausura co San Lorenzo e entra na convocatoria para xogar a Copa Mundial de Fútbol Xuvenil Sub-20. A selección arxentina proclámase Campioa do Mundo Sub-20 tras vencer na final de Buenos Aires a Ghana por tres goles a cero. Nese mesmo ano prodúcese a súa chegada ao fútbol español, sendo cedido polo Milán ao Deportivo Alavés para a tempada 2001-2002 e posteriormente ao Atlético e ao Vilarreal nas dúas tempadas seguintes. Precisamente é na súa estancia en España, cando debuta coa selección absoluta do seu país, será o 30 de abril de 2003 nun amigable contra Libia. Un ano despois queda subcampión da Copa América, celebrada no Perú, ao perder na final contra o Brasil na quenda de penaltis. Ese mesmo ano gana a Medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atenas.
Despois de tres tempadas en España regresa ao Milán do que, despois de contar con poucos minutos, acaba sendo traspasado no mercado de inverno ó Deportivo, naquel momento adestrado por Javier Irureta. Despois de dúas irregulares tempadas ás ordes de Joaquín Caparrós, eríxese na 07-08, agora baixo a dirección técnica do vasco Miguel Ángel Lotina, coma un dos líderes do equipo branquiazul, disputando dende o seu posto natural de defensa central tódolos minutos na Liga e anotando catro goles, o que propiciou o seu traspaso ao Newcastle United da Premier League por preto de 16 millóns de euros."Coloccini deja el Deportivo y ficha por el Newcastle" Para cubrir a súa baixa o Deportivo faise cos servizos de Diego Colotto, compañeiro de Coloccini no Mundial Sub-20, ao que el mesmo recomendara.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en soccerbase.com Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Córdoba, Arxentina Categoría:Futbolistas olímpicos da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Newcastle United FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol